Neoceratias spinifer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neoceratias spinifier
Neoceratias spinifer.JPG
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Lophiiformes
Familia: Neoceratidae
Xénero: ''Neoceratias''
Pappenheim, 1914
Especie: ''N. spinifer''
Nome binomial
''Neoceratias spinifer''
Pappenheim, 1914

Neoceratias spinifer, é a única especie da familia Neoceratidae, un peixe de augas profundas que se atopa nas zonas mesopeláxicas e batipeláxicas do centro oeste do Océano Pacífico. A diferenza doutras especies lofiformes carecen de illicium e esca (the "fishing rod" and "lure") e contan con grandes dentes fóra das mandíbulas.[1][2]


Descrición[editar | editar a fonte]

As femias adultas teñen corpos esveltos e alongados de ata 11 cm de longo, a súa cor é acastañada escura, coa pel espida. A boca é grande estendéndose ben aló dos seus pequenos ollos; as mandíbulas teñen unha fileira interior de dentes que son curtos, rectos, amplamente espazados e inmóbiles. Por fóra das mandíbulas teñen uns saíntes cónicos prominentes que levan 2 ou 3 dentes aliñeados, o máis longo pode chegar a acadar o 15% da lonxitude do corpo todo. Cada un deses dentes está articulado na súa base, cunha musculatura moi ben desenvolvida e un pequeno gancho no seu extremo.


Os machos adultos só se coñecen por espécimes que parasitan ás femias, o exemplar de maior lonxitude coñecido chega os 18 mm, teñen unha cor máis clara cas femias e unha pel semitranslúcida. Únense ás femias por medio de saíntes na mandíbula inferior e no fociño, presentando uns ollos dexenerados e cubertos con pel e sen órganos olfactivos. As larvas teñen entre 4 e 10 mm de longo, con órganos olfactivos ben desenvolvidos e sen diformismo sexual.[2]


Bioloxía[editar | editar a fonte]

Sen órganos luminosos e cos seus dentes inusuais non se sabe de que se alimenta e como. Suxeriuse que os dentes externos serven para apañar invertebrados de corpo brando.[3]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. fishbase.org
  2. 2,0 2,1 Pietsch, Theodore W. (2005). Neoceratias spinifer. Needlebeard Seadevils. Versión 6 de novembro de 2005. Tree of Life Web Project.
  3. Pietsch, Theodore W. "Lophiiformes: Neoceratidae". ftp://ftp.fao.org/docrep/fao/009/y4161e/y4161e30.pdf. Consultado o 2008-10-10.