Neo-psicodelia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neo-psicodelia
Orixes do estilo: rock psicodélico, post-punk, pop psicodélico, indie rock, space rock, rock alternativo, acid rock
Orixes culturais: principios dos 80 nos Estados Unidos e no Reino Unido
Instrumentos típicos: baixo, batería, guitarra, tecldod, sintetzadores
Popularidade: de mediados a finais dos anos 80, rexurdimentos na escena indie dos 90
Subxéneros
baggy - dream pop - New Weird America - shoegazing

A neo-psicodelia é un xénero musical que emula ou está fortemente inflenciado pola música psicodélica da década dos 60. Comezou a rexurdir entre as andas británicas de post-punk de finais dos anos 70 e de comezos dos 80 e foi adoptado por grupos das escenas Paisley Underground e Madchester, ademais de obter un interese ocasional por parte de artistas do mainstream e bandas do novo milenio.

Características[editar | editar a fonte]

Os artista de neo-psicodelia colleron prestados unha boa cantidade de elementos da música psicodélica dos 60. Algúns imitaron o pop psicodélico de bandas como The Beatles e Pink Floyd nos seus priemeiros tempos, outros adoptaron as guitarras de bandas de folk rock como The Byrds, ou as formas improvisadas e distorsionadas e experimentación de bandas de acid rock de finais dos 60. Algúns artistas de neo-psicodelia centráronse unicamente no uso e experimentación coas drogas, mentres que outros usáron isto para acompañar as súas letras políticas ou surrealistas.