Nendo
Nendö é a maior e máis importante das Illas Santa Cruz, en Temotu, provincia das Illas Salomón. A illa tamén é coñecida polos nomes de Santa Cruz, Ndeni, Nitendi ou Ndende. O nome de Santa Cruz foille dado polo explorador español Álvaro de Mendaña quen na súa segunda viaxe ás Salomón en 1595 intentou fundar unha colonia nestas illas. Mais Mendaña fracasou na súa empresa e morreu na mesma illa de Nendö.
A illa localízase a 10°25'12" Sur de latitude e 165°30' Leste de lonxitud. Posúe 40 km de lonxitude e 22 km de ancho, ocupando unha superficie de 505,5 km². O punto máis elevado da illa ten unha altitude de 549 metros sobre o nivel do mar.
A poboación no 2007 rondaba os 5.000 individuos, e etnicamente divídense en melanesios e papús orientais.
A tan só un quilómetro de distancia atópanse as pequenas illas de Malo ou Tömotu Neo ao noroeste e Nibanga ou Tömotu Noi ao sueste.
Lata é a principal cidade da illa, que é a capital da provincia de Temotu.