Nendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nendö»)
Nendo
Santa Cruz
Nendo desde o espazo
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaTemotu
ArquipélagoIllas Santa Cruz
MarOcéano Pacífico
Coordenadas10°25′12″S 165°30′00″L / -10.42000, -165.50000
Xeografía
Superficie519 km²
Longura máxima40 km.
Largura máxima22 km.
Punto máis alto549 m.
Demografía
CapitalLata
Poboación9.008 hab. (2009)
Densidade17 hab./km²
Localización da illa de Nendo.

Nendo (ou máis exactamente Nendö) é a maior e máis importante das Illas Santa Cruz, en Temotu, provincia das Illas Salomón. A illa tamén é coñecida polos nomes de Santa Cruz, Ndeni, Nitendi ou Ndende. O nome de Santa Cruz foille dado polo explorador español Álvaro de Mendaña quen na súa segunda viaxe ás Salomón en 1595 intentou fundar unha colonia nestas illas. Mais Mendaña fracasou na súa empresa e morreu na mesma illa de Nendö.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa localízase a 10°25'12" Sur de latitude e 165°30' Leste de lonxitud. Ten 40 km de longo e 22 km de largo, ocupando unha superficie de 505,5 km². A súa superficie é de 505´5 km². O punto máis elevado da illa ten unha altitude de 549 metros sobre o nivel do mar.

A tan só un quilómetro de distancia atópanse as pequenas illas de Malo ou Tömotu Neo ao noroeste e Nibanga ou Tömotu Noi ao sueste.

Lata, que se atopa na parte noroeste da illa, é a principal cidade e a capital provincial.

Poboación e idiomas[editar | editar a fonte]

A poboación no 2007 rondaba os 5.000 individuos, e etnicamente divídense en melanesios e papúas orientais. A maioría dos indíxenas son falantes do Natügu, pero tamén hai uns 200 falantes do Nanggu (ambas membros da familia Linguas Reef - Santa Cruz). Falantes doutras linguas da provincia de Temotu tamén están presentes, por exemplo, as outras linguas Reef - Santa Cruz o Äiwoo, a lingua das Illas Periféricas Polinesias e a Vaeakau-Taumako.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]