Nena Daconte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nena Daconte
Nena Daconte
OrixeMadrid e Barcelona, España
Período2005 - Presente
Xénero(s)Pop
Rock
Selo(s) discográfico(s)Universal
MembrosMai Meneses
Na rede
Nena Daconte
Twitter: nenadaconte Instagram: nenadaconte_oficial MySpace: nenadaconte Musicbrainz: a03bdd54-fe66-4785-a027-05fbf544e2cd Songkick: 364107 Discogs: 665515 Editar o valor em Wikidata

Nena Daconte[1] é o alcume do proxecto musical da cantante e compositora madrileña Mai Meneses. O nome do grupo está tomado dun personaxe do conto "El rastro de tu sangre en la nieve", de Gabriel García Márquez.[2]

A súa música mestura o pop e o rock clásicos e fala de preocupacións como o amor, a soidade e a procura de ideais.

Historia[editar | editar a fonte]

Mai Meneses participou na segunda edición do popular concurso de televisión "Operación Triunfo". Na xira OT Mai coñeceu a Kim Fanlo, que formaba parte dos músicos que acompañaban aos mozos de OT2. Logo da xira por toda España e de dous anos de actividade polos pequenos escenarios, decidiron aplicar os arranxos de Kim ás composicións de Mai, e formar Nena Daconte.

He perdido los zapatos (2006)[editar | editar a fonte]

Nena Daconte

Tras autoeditarse o seu primeiro disco e gravar os seus propios videoclips de Idiota, No eres mi perroe, unha primeira versión de Marta, fixeron o seu debut con dous concertos en salas de concertos de Madrid e Barcelona, aos que acudiron tamén ex compañeiros de Mai en OT. Para a elaboración do disco contaron coas composicións que Mai[3] realizara desde fai anos.

A discográfica Universal Music contactou con eles nun dos concertos e asinaron un contrato que derivou na comercialización do disco o 27 de marzo de 2006, engadíndolle un remix de Carlos Jean e masterizándoo de novo en Nova York.

O disco chamouse He perdido los zapatos, e como primeiro sinxelo de promoción utilizaron Idiota, unha canción sobria que rompía co son que imperaba no mercado musical do momento. Grazas a unha gran campaña de promoción o single escoitouse en todas as emisoras de radio, e ata a saída do disco é anticipada con promocionais de TV. O Idiota orixinal é substituída na promoción polo remix de Carlos Jean, ocasión para a cal gravaron un videoclip que mantiña a base do orixinal que rodaron Mai e Kim pola súa conta na primeira escena.

Pero a pesar do crecente éxito de Idiota, non é ata a promoción do segundo single, En que estrella estará, cando conseguen un enorme impulso nas vendas e as listas de radio, éxito no que foi decisiva a elección como canción oficial da Volta ciclista a España 2006, para a cal gravaron un anuncio publicitario, xunto a Antonio Banderas e o videoclip da canción[4]. O disco chegou a recibir o certificado de disco de ouro logo de estar algunhas semanas no top 50, e grazas ao apoio do enorme éxito que supuxo En que estrella estará foron denominados como grupo revelación 2006.

En 2007 Universal lanza unha edición de luxo de He perdido los zapatos, que incluía como bonus tracks versións acústicas de Engáñame a mi también e Pierdo el tiempo, así como unha versión do tema de Manfred Man “The Mighty quinn”. Á parte do CD estendido incluía un DVD con videoclips, reportaxes, fotos e entrevistas.

Para esta ocasión decidiron lanzar como terceiro single a canción Marta, gravando un novo videoclip, no canto de utilizar o orixinal que rodaran antes do contrato con Universal Music, e que non se incluíu no DVD da edición de luxo por falta de tempo.

  • Foron nomeados para os premios MTV EMA 2006 na categoría Spanish Act, e para os Principales del Año (de 40 Principales) como grupo revelación e mellor videoclip por "Idiota (remix)".
  • O seu segundo sinxelo En que estrella estará afianzouse co primeiro posto da lista dos 40 principales ata 5 veces sendo dúas delas consecutivas.
  • Gañaron o premio ONDAS ao grupo revelación do ano e o Premio Principales ao grupo revelación do ano.
  • O seu disco He perdido los zapatos é certificado Disco de ouro[5] por máis de 40.000 copias vendidas en novembro de 2006, chegando ao #18 das listas españolas.
  • "The Mighty Quinn" foi a canción dun anuncio de Codorniú do ano 2006[6].
Nena Daconte (Barcelona 2011)

Retales de Carnaval (2008)[editar | editar a fonte]

O disco saíu á venda o 30 de setembro de 2008 dous anos despois do álbum debut, e titulouse Retales de carnaval. En palabras de Mai, "Co de retallos referímonos ao que queda logo dunha gran festa. E o Entroido simboliza a vida, e estes dous anos, a nivel profesional, foron como pasar por unha gran festa"[7].

O single elixido para o regreso do grupo foi o tema Tenía tanto que darte, estreado primeiro nas radios españolas en agosto deste ano, e sacado á venda en formato dixital o 12 de setembro de 2008. Este disco entrou directamente ao nº 5 das listas de vendas españolas, e o primeiro single converteuse en hit con gran rapidez alcanzando o nº1 dos 40 Principales e demais emisoras do país.

O 26 de febreiro foi publicado o videoclip do 2º single, El Aleph, gravado en Ciutat Meridiana, (Barcelona).

  • Retales de Carnaval situouse #5 na súa primeira semana nas lista de PROMUSICAE.
  • Foron nomeados nos Premios Principales 2008 como "Mellor grupo" e "Mellor videoclip" (Tenía tanto que darte).
  • Obtiveron 2 Premios da Música, o de "Mellor canción" e "Mellor vídeo musical", ambas por Tenía tanto que darte.
  • En dous meses logo de sacar Retales de Carnaval, o disco obtivo o Disco de Ouro, vendendo máis de 40.000 copias.
  • Tenía tanto que darte estivo no nº1 dos 40 Principales en dúas semanas, tamén foi nº1 durante 10 semanas en descargas dixitais legais en España, foi a canción española máis vendida por iTunes en 2008 e chegou ao posto 10 no top 40 latino.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Mai Meneses - Cantante e compositora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2013. 
  2. http://www.levante-emv.com/cultura/2008/11/08/cultura-nena-daconte-libertad-individual-cuidarla/516943.html
  3. http://www.elepe.com/nena-daconte/he-perdido-los-zapatos/
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2013. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2013. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]