Neisseriáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neisseriaceae
Neisseria gonorrhoeae
Neisseria gonorrhoeae
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Neisseriales
Familia: Neisseriaceae
Prévot, 1933
Xéneros

Alysiella
Aquaspirillum
Catenococcus
Chromobacterium
Eikenella
Formivibrio
Iodobacter
Kingella
Microvirgula
Neisseria
Prolinoborus
Simonsiella
Vitreoscilla
Vogesella

As Neiseriáceas ou Neisseriaceae son unha familia[1] de bacterias do filo das Proteobacteria, e única familia da orde Neisseriales. A familia comprende varios xéneros, entre os cales o máis importante é o xénero Neisseria. Moitos organismos pertencentes a esta familia son comensais de mamíferos ou forman parte da súa flora bacteriana normal, pero dúas especies son importantes patóxenos humanos, que son: Neisseria gonorrhoeae, causante da gonorrea, e Neisseria meningitidis, causante de moitos casos de meninxite (meninxite meningocócica).

As características comúns do grupo das Neisseriaceae son que son bacterias estritamente aeróbicas, Gram negativas, aparecen principalmente en pares en forma de diplococos, e non teñen flaxelos.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Madigan, Michael; Martinko, John (editors) (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed. ed.). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1.
  • Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed. ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9.