Nefrita
| Nefrita | |
|---|---|
| Fórmula química: | Ca2(Mg,Fe2+)5(Si8O22)(OH)2 |
| Clase: | Inosilicatos |
| Subclase: | {{{subclase}}} |
| Sistema cristalino: | Monoclínico |
| Cor: | Verde, verde grisáceos, negro verdoso ou negro |
| Brillo: | De vítreo a sedoso |
| Dureza: | 5-6 |
| Fractura: | |
| Exfoliación: | |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3,1 g/cm³ |
A nefrita é un mineral do grupo VIII (silicatos) de acordo coa clasificación de Strunz. É unha variedade dura e de gran fino da actinolita,[1] e é o máis común e menos valioso dos dous tipos de xade que existen, sendo o outro a xadeíta.
Trala chegada do xade de América a Europa, asociáronselle á nefrita propiedades curativas para os cólicos e as dores de costas ou de riles, polo que recibiu o nome de lapis nephriticus que significa "pedra do ril".
Pounamu é o nome maorí da nefrita verde que se dá na costa occidental de Nova Celandia e coa que se adoitan confeccionar hei tikis e armas tradicionais maorís como os meres.
Índice |
Características [editar]
É un silicato cálcico de magnesio ou de ferro propio de rochas metamórficas. Adoita aparecer como agregados compactos de fibras entrelazadas que poden ser translúcidos ou opacos e, normalmente, de cor verde e puntos de tons máis escuros. Distínguese da xadeíta polo seu brillo aceitoso e porque se astilla ao fracturar.
Depósitos [editar]
Encóntrase con certa abundancia en Canadá, China, Nova Celandia, Estados Unidos, Taiwán e Asia Central.
Notas [editar]
- ↑ Mindat.org - Nefrita (en inglés)