Nebuleta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
nebuleta (nebulette)
Identificadores
Símbolo NEBL
Entrez 10529
HUGO 16932
OMIM 605491
RefSeq NM_006393
UniProt O76041
Outros datos
Locus Cr. 10 p12

A nebuleta (nebulette) é unha isoforma da proteína nebulina, de moito menor tamaño. A nebulina (600-900 kDa) exprésase preferencialmente no músculo esquelético, pero a nebuleta (107 kDa) exprésase no músculo cardíaco. A nebuleta identificárona en 1995 Moncman e Wang usando cultivos primarios de cardiomiocitos de polo embrionado por inmunoprecipitacións con certos anticorpos monoclonais antinebulina.[1] A expresión normal da nebuleta é esencial para a ensamblaxe e función contráctil das miofibrilas.[2]

A nebuleta está codificada no cromosoma 10 humano, mentres que a nebulina o está no cromosoma 2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moncman & Wang; Wang, K (1995). "Nebulette: a 107 kD nebulin-like protein in cardiac muscle". Cell Motil Cytoskeleton 32 (3): 205–25. DOI:10.1002/cm.970320305. PMID 8581976. 
  2. Moncman & Wang; Wang, K (2002). "Targeted disruption of nebulette protein expression alters cardiac myofibril assembly and function". Exp Cell Res 273 (2): 204–18. DOI:10.1006/excr.2001.5423. PMID 11822876. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - nebulette [1]