Naxos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Naxos - Νάξος")
Naxos - Νάξος
Vista da illa
Naxos2.jpg
Datos
Capital Naxos (Chora)
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas
Poboación (2006) 25.089 hab.
Superficie 389,43 km²
Densidade
Coordenadas 37°05′N 25°28′E / 37.083°N 25.467°E / 37.083; 25.467
Maior Altura 1.004 m Monte Zas
Localización
Localización  da illa

Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 428 km² e 14.000 habitantes, o que lle fai a máis grande das illas das Cícladas. A capital é a cidade de Naxos (ou Chora), de 2.900 hab.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Vestixios dun templo arcaico (dedicado a Apolo).

Na mitoloxía grega, segundo algunhas lendas relatadas polo pseudo-Apolodoro, é o lugar onde Teseo fai escala logo de matar ao Minotauro. Alí abandona a Ariadna, filla do rei Minos, que é recollida ao día seguinte por Dioniso, e levada enseguida a Lemnos.

Noutra versión da lenda, relatada brevemente por Homero na Odisea (XI, 321-325), Artemisa mata á Ariadna en «Dia, a illa bañada por ríos», que Diodoro Sículo asimila a Naxos, pero é máis probable que sexa a actual Dia, ao longo da costa norte de Creta. O que si é certo é que a illa rendía culto a Dioniso, patrón das viñas, que eran o seu principal cultivo.

Historia[editar | editar a fonte]

Fortaleza veneciana de Naxos.

Naxos foi habitada antes do final do primeiro período cicládico (antes do 2000 a. C.). Foi colonizada polos xonios en época arcaica. Rapidamente fíxose próspera. Acadou o apoxeo da súa gloria nos séculos VII e VI a. C., nos que domina, entón, a todas as Cícladas.

Ofrece a esfinxe chamada dos naxios en Delfos e os soados leóns de Naxos en Delos. En 500 a. C., os persas fracasan diante da illa, o que marca o fin de sur expansión en Xonia. En 527 a. C., unha nova expedición persa é organizada contra as Cícladas, con Aristágoras, gobernador de Mileto, á cabeza. De novo, o asedio fracasa. A finais do século -VI, alcanza o seu apoxeo baixo o tirano Ligdamis, instalado alí segundo Herodoto, por Pisístrato. O historiador di que nesta época, ela «excede a todas as outras illas en prosperidade» (Historia, V, 28).

En 491 a. C., durante a primeira guerra médica, ten lugar a vinganza persa: Naxos é tomada polo xeneral Datis, os habitantes que non puideron fuxir son reducidos á escravitude, a cidade e os templos son incendiados. Os naxios fan logo defección e na batalla de Salamina achegan catro trirremes aos gregos.

Tras a vitoria, forma parte da confederación de Delos. Moi rapidamente, sublévase contra o imperialismo ateniense: en 468 a. C., Naxos fai defección coa súa flota, e entón é asediada e sometida por Atenas, «contrariamente á norma», segundo Tucídides (I, 98, 4). Os atenienses enviaron clerucos (colonos) á illa, 500 tras o exilio de Tucídides, o adversario de Pericles, en 443 a. C.. En 338 a. C., é conquistada polos macedonios, e en 166 a. C. polos romanos.

Na Idade Media, como o resto das Cícladas, a illa foi conquistade polos venecianos como resultado da Cuarta Cruzada, en 1207. O veneciano Marco Sanudo convértese en Duque de Naxos. Constrúe o forte rodea a cidade vella. Naxos pasa logo aos otománs de 1579 a 1821.

Escavacións e restos arqueolóxicos[editar | editar a fonte]

Naxos, florecente nos séculos VII e VI a. C., foi explorada con particular éxito por Kondoleon. na rexión interior, ao sur da aldeíña de Sangri, existía un templo arcaico de Deméter e Core (tiña planta cadrada con 13 m de lado), que resultou posteriormente integrado nunha basílica do século V.

A antiga cidade de Naxos coincidía en nome e emprazamento coa pequena cidade actual. Da época arcaica consérvanse, no illote anterior a Palati, os restos un grandiosos portalón, entre eles dun templo xónico do século VI a. C. Xa identificado en 1924 por G. Welter como un hekatompedon (a cella ten 30,50 m) e posteriormente escavado e estudado por G. Gruben a partir de 1968. O templo, supostamente dedicado a Apolo, era in antis en ambas as frontes, mentres a cella dividíase en tres naves.

Nos anos 60, Zaphiropoulos ocupouse dunha necrópole xunto ao poboado de Tsikalario, que permanecera en uso desde a época xeométrica ata o século VII.

Kondoleon, en 1971, estudou a antiga cidade de Naxos e a necrópole de Aplomata, rica en esculturas cicládicas.

Entre os varios materiais recuperados nos estratos arcaicos de Naxos e Paros merecen especial atención os numerosos documentos que testemuñan a habilidade dos escultores destas illas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]