Naturopatía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sebastian Kneipp, no século XIX, considerado un dos pioneiros da medicina tradicional europea (MTE), grazas aos seus tratamentos utilizando auga e plantas. 

A medicina tradicional europea (MTE) ou tamén medicina naturalista (Real Academia Galega), naturopatía ou tamén naturoterapia é a medicina non convencional e que pode ser englobada dentro das técnicas da medicina alternativa. Ten como obxectivo equilibrar o funcionamento do organismo humano (a homeostase) mediante métodos ditos "naturais" e holísticos: réxime ou dieta alimentarios, hixiene de vida, fitoterapia, técnicas manuais, exercicios físicos e mentais, aromaterapia, homeopatía etc. Tanto o modus operandi coma o método terapéutico na naturopatía son "holísticos", ou sexa atópanse xeralmente fóra da medicina clásica ou dita convencional e abranguen todo o ser humano de xeito global, enteiro. 

Nunha publicación relativa aos procedementos da medicina natural, o doutor Matthew Stanbrook, redactor xefe adxunto do Canadian Medical Association Journal, escribe que os resultados "aportan a proba de que certos aspectos da prevención cardiovascular poderían (...) ser delegados aos especialistas en naturopatía. (...) Os elementos de base da intervención naturopática que inclúen por exemplo recomendacións relativas á alimentación e mailo exercicio, foron individual e cientificamente validadas e consolidadas."[Cómpre referencia]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A noción de naturopatía deriva do pensamento do naturista John Scheel en 1885[1]. Procede do latín natura, «a natura, a esencia» e do grego πάθος, pathos, «a enfermidade, o mal». Perante esta etimoloxía inhabitual deste termo (podería ser interpretado como "a enfermidade da natureza"), outros defensores da vía naturalista ou versados na medicina natural, danlle outra orixe e definen a naturopatía como "o camiño (do inglés "path") da natureza" ou tamén como "o mal estudado en función da súa natureza", atinando máis na idea de curar a orixe da doenza, concentrándose así menos na sintomatoloxía da enfermidade, porén si na causa. Por outra banda outros terapeutas naturistas prefiren utilizar o termo "naturoterapia", ou sexa "curar con procedementos tirados da natureza".[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Toward An Integrative Medicine: Merging Alternative Therapies With Biomedicine par Hans A. Baer, Rowman Altamira, 2004 - p. 35
  2. Sur naturophate.net
  3. Présentation du film, Naturopathie, par Jean-Yves Bilien
  4. Le Point, 1986, no 717 à 727, p. 55