National Security Agency

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A NSA (National Security Agency) pódese traducir coma Axencia de Seguridade Nacional, foi fundada oficialmente o 4 de novembro de 1952. É unha axencia estadounidense responsable de obter e analizar información transmitida por calquer medio de comunicación, e de garantir a seguridade das comunicacións do goberno estadounidense con outras axencias similares doutros países. Pertence ó Departamento de Defensa. As súas actividades de espionaxe incluen a radiodifusión, tanto de organizacións como de individuos, Internet, e outras formas de comunicación, sobre todo confidenciais. A interceptación de comunicacións seguras inclue a militares, diplomáticos, e outras comunicacións sensibles, confidenciais ou secretas do goberno. A pesar de ser considerada como a organización que máis doctores matemáticos emplea, como propietaria do maiorr número de superordenadores, e tendo un orzamento moito maior co da CIA, toubo un perfil notablemente baixo ata os últimos anos. Durante moito tempo a existencia desta axencia non foi admitida polo goberno dos EEUU. Chegouselle a coñecer coma No Such Agency (non hai tal axencia).

Por mor da súa labor de espionaxe mediante escoitas, a NSA está fortemente implicada na investigación da criptoanalítica, seguindo o traballo das axencias precursoras que habían sido responsables de romper moitos códigos e claves durante a Segunda Guerra Mundial (mirar, por exemplo, Código Púrpura, Venona, e JN-25).

Instalacións xerais da NSA en Fort Meade, Maryland
Instalacións xerais da NSA en Fort Meade, Maryland

A oficina central da Axencia de Seguridade Nacional está en Fort Meade, Maryland, aproximadamente a 16 km ó norodeste de Washington. A NSA ten a súa propia saída a estrada Baltimore-Washington, sinalizada como "Só para empleados da NSA". A escala das operacións da NSA é difícil de determinar a partir dos datos desclasificados, pero unha pista é o uso de electricidad da oficina central. O orzamento da NSA para electricidade excede os 21 millóns de US$ por ano, facéndoo o segundo maior consumidor de electricidade do estado de Maryland. As fotos da sede central amosan que hai aproximadamente 18.000 prazas de aparcamento no lugar, aínda que se cre que o número de empleados na NSA pode dobrar este número; os empleados están esparcidos po todo o mundo.

O seu programa de comunicacións seguras para o goberno dos EE.UU, implicou a NSA na produción de hardware e software de comunicacións e de semicondutores (hai una planta de fabricación de chips en Fort Meade), na investigación da criptografia, e en contratos ca industria privada para suministrarlle artigos, equipo e a investigación que non está preparada para desenvolver.

Índice

[editar] ECHELON

Unha das antenas da rede ECHELON
Unha das antenas da rede ECHELON

Echelon, como tal, é un programa informático. A Rede Echelon en cambio sería un entramado de antenas, estacións de escoita, radares e satélites, apoiados por submarinos e avións espía, unidos todos eses elementos a través de bases terrestres. O seu obxetivo é espiar as comunicacións mundiais, teoricamente, para loitar contra o terrorismo internacional e o tráfico de drogas. Entre as comunicacións espiadas atópanse os correos electrónicos, faxes, comunicacións por cable, por satélite, radio, conversacións telefónicas,...

Na constitución estadounidense establécese que a NSA non podes espiar dentro dos EE.UU, pero como a rede ECHELON participan outros países, a NSA pode pedirlle a información a outros servizos de intelixencia que formen parte de UKUSA, como Gran Bretaña, e sería totalmente legal. Hoxe en día a rede ECHELON é un dos proxectos principais aos que se dedica a NSA.

[editar] Directores da NSA

USA, USAF, e USN son os acrónimos de United States Army, United States Air Force, e United States Navy, respectivamente.

[editar] Sistemas de encriptación da NSA

A NSA é responsable dos seguintes sistemas de encriptación:

  • EKMS Electronic Key Management System (Sistema electrónico de administración de claves)
  • FNBDT Future Narrow Band Digital Terminal (Futuro terminal dixital de banda estreita)
  • Fortezza encryption based on portable crypto token in PC Card format
  • KL-7 ADONIS off-line rotor encryption machine (post-WW II to 1980s)
  • KW-26 ROMULUS electronic in-line teletype encryptor (1960s–1980s)
  • KW-37 JASON fleet broadcast encryptor (1960s–1990s)
  • KY-57 VINSON tactical radio voice encryptor (Encriptor táctico de voz por radio)
  • SINCGARS tactical radio with cryptographically controlled frequency hopping
  • STE Secure Telephone Equipment (Equipamento de seguridade telefónica)
  • STU-III antiga unidade de seguridade telefónica


[editar] Super Ordenadores

Super Ordenadores da NSA
Nome Potencia (en Xigaflops)
Cray T3E-1200E LC1900 2.280
Cray T3E-900 LC1324 1.191,6
Cray SVI-18/576 (-4Q02) 1.152
SGI 2800/250-2304 1.152
HP SuperDome/552-512 1.130,5
Cray T3E-1350 LC800 1.080
SGI 3800/400-1064 851,2
Cray T3E-1200E LC540 648
Cray T3E-1200E LC540 648
Cray T3E-1200E LC540 648
Cray T3E-1200 LC404 484,8
Cray T3E-1200 LC284 340,8
Cray X1-6/192 (+1Q03) 1.966,08
Total 13.572,98

Dado a alta confidencialidade da NSA é difícil controlar a veracidade desta información.

[editar] A NSA e o Software Libre

A NSA, no marco da seguridade informática dos ordenadores do goberno dos EE.UU contribuíu co software libre creando varios modificacións de seguridade para Linux (Security-Enhanced Linux).

[editar] Ver tamén

Código Púrpura

ECHELON

UKUSA

Skipjack

[editar] Enlaces

Ferramentas persoais