Nartkala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nartkala - Нарткала")

Nartkala é unha cidade da República autónoma Kabardino-Balkaria, en Rusia, localizada a 25 km ao norleste de Nalchik, a súa poboación é de 33.622 habitantes (2006). Fundada en 1913 como estación de ferrocarril co nome de Dokshukino, forma rusificada do apelido kabardino Doh'ushyq'ua, en 1967 recibiu o nome actual.