Narita
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Narita na prefectura de Chiba | |||
| Localización da prefectura de Chiba no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Kantō | ||
| Prefectura | Prefectura de Chiba | ||
| Superficie | 213,84 km2 | ||
| Poboación | 127.428 (2009) | ||
| Densidade | 596 h/km² | ||
| Alcalde | Kazunari Koizumi | ||
Narita (成田市, なりたし, Narita-shi) é un concello da prefectura de Chiba no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao norte da prefectura, na zona de provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 213,84 km² e a poboación de 127.428 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 596 h/km².
O concello de Narita limita cos concellos de Sakae, de Motono, de Inba, de Shisui, de Tomisato, de Shibayama, de Tako, de Katori, de Kōzaki (son da prefectura de Chiba); e de Kawachi (da prefectura de Ibaraki).
O aeroporto internacional de Narita, o máis importante do Xapón, localízase na cidade de Narita.