Nardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nardo
Lámina dun nardo a rosear
Lámina dun nardo a rosear
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Agavaceae
Xénero: Polianthes
Especie: P. tuberosa
Nome binomial
Polianthes tuberosa
L.

O nardo[1], tamén coñecido coma tuberosa ou vara de San Xosé (Polianthes tuberosa) é unha planta da familia do agave, nativa de América do Norte. Está estreitamente relacionada co xénero Manfreda.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome xenérico Polianthes significa "flor cinsenta". O nome específico deriva do latín tuberosa, é dicir, inchada ou tuberosa, en referencia ao seu sistema de raíces.

Os aztecas chamárona Omixochitl ou flor de óso.

A planta ten un lugar destacado na cultura india e na mitoloxía. As flores utilízanse nas cerimonias de voda, grilandas, decoración e diversos rituais tradicionais.

Distribución[editar | editar a fonte]

É oriunda do centro e do sur de México.

Descrición[editar | editar a fonte]

A planta medra con alongadas espigas de até 45 cm de longo que producen acios de flores recendentes de cor cérea que florea dende a base cara a parte superior da espiga. Brillantes follas verdes agrupadas na base da planta e follas máis pequenas, ao longo do talo. As flores pueden ser brancas ou de cor crema, úsase coma flor de corte e unha soa vara floral puede perfumar durante semanas un ambiente.

Das raíces da mesma extráese un óleo recendente que se emprega para facer perfumes, incenso e menciñas.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Agave tuberosa (L.) Thiede & Eggli (1999), nom. illeg.
  • Agave polianthes Thiede & Eggli (2001).
  • Crinum angustifolium Houtt. (1780).
  • Tuberosa amica Medik. (1790).
  • Polianthes gracilis Link (1821).
  • Polianthes tuberosa var. gracilis (Link) Baker (1888).
  • Polianthes tuberosa f. plena Moldenke (1948). [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en diferentes fontes: Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Sinónimos en Kew

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nardo
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nardo