Narciso Tomé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
N. Tomé, Transparente da Cat. de Toledo.

Narciso Tomé, nado en Toro (provincia de Zamora) en 1690 e finado en 1742, foi un arquitecto e escultor castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xunto a seu irmán Diego esculpíu en 1715 a fachada da Universidade de Valladolid. En 1721 foi nomeado mestre maior da catedral de Toledo, substituíndo a Teodoro Ardemans. Para a Sé toledana construíu, axudado polos seus fillos, o célebre Transparente (1721-1732), un dos mellores exemplos do barroco / rococó español.