Narciso Heredia Begines de los Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNarciso Heredia Begines de los Ríos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Narciso Heredia y Begines de los Ríos Editar o valor em Wikidata
11 de setembro de 1775 Editar o valor em Wikidata
Gines, España Editar o valor em Wikidata
Morte1847 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Presidente do Consello de Ministros
Secretario de Estado de España
Ministro de Estado de España
Ambassador of Spain to the United Kingdom of Great Britain and Ireland (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Moderado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloQ24941769 Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosNarciso Heredia y Heredia Editar o valor em Wikidata

Narciso Heredia Begines de los Ríos, nado en Gines (Sevilla) o 11 de setembro de 1775 e finado en Madrid o 8 de setembro de 1847,[1] foi un político e diplomático español, Marqués de Heredia y Spínola (dende 1833), e Conde consorte de Ofalia, Grande de España e Senador pola provincia de Lugo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Era fillo de Narciso de Fernández de Heredia y Spínola I Conde de Heredia- Spínola e de María de las Mercedes Begines de los Ríos e Bejarano.​​[1][3] Cando tiña dez anos, comezou os seus estudos en Almería, onde o pai era administrador xeral de Rendas Reais da provincia, para marchar a Granada onde fixo o bacharelato e onde estudou Filosofía e Dereito[4] no Real Colexio Maior de san Bertolameu e Santiago, onde tamén residiu ao tempo que estudaba.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Reinado de Carlos IV[editar | editar a fonte]

En 1803, foi oficial da Secretaría de Estado na Embaixada de España nos Estados Unidos onde estaba ao servizo do marqués de Casa Irujo e continuou a súa carreira política como xefe da Mesa no Ministerio de Estado. En 1808, foi nomeado cabaleiro da Orde de Carlos III.

Reinado de Xosé I Bonaparte[editar | editar a fonte]

Durante o reinado de Xosé I Bonaparte, e a Guerra de Independencia, seguiu a Xunta Suprema Central ata Sevilla e renunciou ao ofrecemento do rei para se converter en secretario de Estado. Aínda así caeu en desgraza polas acusacións de afrancesamento por parte dalgúns dos seus familiares e marchou de 1809 a 1812 para Málaga, onde permaneceu nas súas posesións,[5] alleo á situación política.

Reinado de Fernando VII[editar | editar a fonte]

Porén, pronto rehabilitado, foi subsecretario de Estado, encargado dos asuntos dos Estados Unidos, durante a maior parte do Sexenio absolutista, participando nas negociacións do tratado de Adams Onís para a delimitación das fronteiras do Vicerreinado de Nova España. De 1819 a 1820, foi exiliado a Almería pola súa defensa do realismo ilustrado e moderado mentres exerceu de asesor do Tribunal Supremo. En 1820, durante as Cortes de Cádiz, recibiu a Gran Cruz da Orde Americana de Isabel a Católica.[4]

Despois do Trienio liberal, en 1823, co restablecemento do absolutismo, e grazas ao apoio de Antonio Ugarte, un dos membros máis influentes da camarilla de Fernando VII, volve ao poder como ministro de Graza e Xustiza[5] (2 de decembro de 1823-18 de xaneiro de 1824).

A partir do 25 de decembro de 1823, dirixiu o goberno como Ministro de Estado interino, en substitución do marqués de Casa Irujo e, despois da morte deste o 18 de xaneiro, como ministro de Estado efectivo. O novo gabinete tivo que se enfrontar á dura tarefa de restablecer unha Administración trastornada e reconstruír o Estado nunha atmosfera de división no país que dificultaba enormemente calquera tarefa de goberno. Nesta etapa, denominada a "Década Ominosa", el e mailos seus ministros eran partidarios de realizar unha prudente revisión e reforma do Antigo Réxime e introducir algunhas modificacións moderadas, deixando á Coroa fóra do conflito. Destacaron polo seu labor, Luis López Ballesteros no Ministerio de Facenda e Luis Salazar no Ministerio de Mariña, por ser os dous ministros máis estables de toda a década e polas importantes reformas que levaron a cabo. Ofalia e o seu gabinete, segundo Chateaubriand, semellaban moderados ou case semiliberais.

Porén, en xullo de 1824, foi destituído por tres cuestións que debilitaron o seu Goberno: a continua oposición dos realistas ortodoxos, a amnistía do 14 de maio de 1824 que non agradou a ninguén e a creación dunha policía organicamente autónoma que disgustaba aos militares. Foi desterrado por segunda vez a Almería e durante a súa viaxe, a pesar da forte escolta que o acompañaba, produciuse un intento de atentado en Gádor por parte dos Voluntarios Realistas por mor do tenso ambiente que había en Almería a consecuencia do episodio de Los Coloraos.[6] Os voluntario o apresaron por orde do gobernador de Almería.[6]

En 1827, foi requirido para a realización duns traballos diplomáticos e foi nomeado ministro plenipotenciario en Londres e, posteriormente, encomendouselle a embaixada en París. Mantivo excelentes relacións con Lois Filipe de Orleáns porque o conde de Ofalia conseguiu que España fose unha das primeiras potencias en recoñecelo como rei dos franceses a cambio de que Francia deixase de armar e apoiar aos liberais españois. En 1832, cesou no seu cargo diplomático e regresou a España para facerse cargo do novo Ministerio de Fomento Xeral do Reino no goberno de transición de Cea Bermúdez (28 de decembro de 1832-29 de setembro de 1833).

En 1837, foi nomeado presidente do Consello de Ministros (16 de decembro de 1837-6 de setembro de 1838), pois era visto como a única persoa que podía evitar unha intervención estranxeira que evitase a guerra cos carlistas. Actuou na liña do partido moderado, pero o seu goberno foi finalmente incapaz de sanear a Facenda, e un pronunciamento en Cádiz (1838) determinou a súa caída e a retirada definitiva da política.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias en 1803 con María de la Soledad Cerviño y Pontejos, neta dos Marqueses de Pontejos, con quen tivo dúas fillas. Ao enviuvar, casou de novo en 1823, en segundas nupcias, con María Dolores SaIabert y Torres, III Condesa de Ofalia, de quen non tivo descendencia e enviuvou en 1831.​[1] No eido diplomático, era coñecido polo título de conde de Ofalia que puido usar por mandato Real.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pérez Núñez, Javier. "Narciso de Heredia y Begines de los Ríos". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  2. "HEREDIA Y BEGINES DE LOS RÍOS, NARCISO. CONDE DE OFALIA Y MARQUÉS DE HEREDIA". senado.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  3. Noviembre Martínez, Mercedes. "Narciso de Fernández de Heredia y Spínola". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 García Valverde, Martín (8 de abril de 2018). "El Conde de Ofalia y Almería". diariodealmeria.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Sánchez Picón, Andrés. "Narciso HEREDIA Y BEGINES DE LOS RÍOS". dipalme.org (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 García Valverde, Martín (7 de abril de 2019). "El Conde de Ofalia, sus destierros y los Coloraos". diariodealmeria.es (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  7. "María de los Dolores de Salabert y de Torres". fundacionmedinaceli.org. 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  8. García Valverde, Martín (7 de abril de 2019). "El Conde de Ofalia, sus destierros y los Coloraos". diariodealmeria.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Reinado de Fernando VII de España

Segue a:
Carlos Fernando Martínez de Irujo
Narciso Heredia Begines de los Ríos
Precede a:
Francisco Cea Bermúdez
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Eusebio Bardají Azara
Narciso Heredia Begines de los Ríos
Precede a:
Bernardino Fernández de Velasco
Presidente do Goberno de España