Narcís Oller
Narcís Oller i Moragas, nado en Valls en 1846 e finado en Barcelona en 1930, foi un escritor catalán. Considérase o creador da novela catalá moderna.
[editar] Traxectoria
Nado no seo dunha familia burguesa, quedou orfo aos tres anos e foi educado pola nai e o tío materno, quen lle transmitiu a súa afección literaria. Estudou dereito en Barcelona, onde se establece definitivamente en 1873, foi funcionario da deputación provincial de Barcelona e procurador dos tribunais.
Aínda que comezou escribindo en castelán, por influencia de Josep Yxart e J. Riera i Bertran converteuse ao catalanismo logo de acudir á celebración dos Jocs Florals de 1877.
Narcís Oller foi basicamente foi un narrador, destacando polas súas novelas realistas, influenciadas por Émile Zola. Escribiu tamén teatro e traduciu a autores europeos como Pavlovski, Lev Tolstoi, Carlo Goldoni ou Dumas.
[editar] Obras
- Un viaje de placer, 1868 (baixo o alcume de Plácido)
- Croquis del natural, 1879
- La papallona, 1882
- L'escanyapobres, 1884
- Vilaniu, 1885
- La febre d'or, 1890-1892
- La bogeria, 1898
- Teatre d'aficionats, 1900
- Pilar Prim, 1906
- Renyines d'enamorats, 1926 (teatro)