Narbona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Narbona - Narbonne")
Narbona
Fr narbona.png Blason ville fr Narbonne.svg
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Francia Francia
Departamento Aude
Rexión France moderne.svg Languedoc-Rosellón
Superficie 172,96 km²
Poboación 52.542 hab. (2010)
Densidade 296,64 hab./km²
Alcalde Michel Moynier
Narbonne.jpg

Catedral Saint-Just-et-Saint-Pasteur
Sitio web oficial

Narbona (en francés: Narbonne) é unha cidade situada na costa mediterránea francesa, no departamento de Aude, na rexión de Languedoc-Rosellón, ao sur do país.

Índice

Historia[editar]

Os romanos fundárona no ano 118 a.C., baixo o nome de Colonia Narbo Martius. Estaba situada na vía Domitia, o primeiro camiño romano na Galia, que permitía enlazar Italia e España.

Narbona era a capital da Narbonense, provincia romana creada na mesma época. Foi ata o fin do Imperio romano unha das cidades máis importantes da Galia cunha superficie de máis de 2 quilómetros cadrados.

No ano 462, Narbona foi integrada ao reino visigodo de Tolosa ata o 718, que foi ocupada polos musulmáns que viñan de España ata o 759. Logo desta data, Narbona quedou definitivamente dentro do reino dos francos.

Administración[editar]

Narbona é a capital de tres cantóns:

  • O cantón de Narbona Este, formado por unha parte de Narbona (16.851 habitantes).
  • O cantón de Narbona Oeste, formado por unha parte de Narbona e dos municipios de Bizanet, Canet, Marcorignan, Montredon-des-Corbières, Moussan, Névian, Raissac-d'Aude e por Villedaigne (21.459 habitantes).
  • O cantón de Narbona Sur, formado por unha parte de Narbona e polo municipio de Bages (16.043 habitantes).

Galería de imaxes[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: