Naomi Klein
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Naomi Klein é unha xornalista canadense, actualmente unha das plumas xornalísticas e investigadoras máis influíntes no movemento opositor á globalización, nacida en Montreal (Canadá) en 1970.
É economista política, xornalista e escritora. Caracterizada polo seu traballo independente nos medios xornalísticos, colaborou como colunista para publicacións como The Guardian de Londres ou The Globe and Mail de Toronto. É filla de pais que pertenceron ó movemento hippie e foron próximos ó anarquismo. Emigraran a Canadá procedendo dos Estados Unidos como medida ante a guerra de Vietnam. A súa nai creara un controvertido documental en contra da pornografía.
Comeza a súa actividade como estudiante da Universidade de Toronto, colaborando ca revista estudiantil do centro The Varsity.
A súa ruptura coa globalización implicou o estudo das influencias do capitalismo de finais do século XX e do sistema da Terceira Vía, así como no pulo do imperialismo neoliberal e os seus efectos na cultura moderna de masas. Despois dunha tumultuosa conferencia ante a OMC no 1999, e froito das súas investigacións, escribiu varios libros importantes como No Logo (2001), Fences and Windows (2003), o guión do documental The Take) (dirixido polo seu marido Avi Lewis, está centrado na crise arxentina e as movilizacións cidadanas entre 2001 e 2002) e unha infinidade de artigos xornalísticos e políticos.
[editar] Libros
- No Logo: No Space, No Choice, No Jobs (2001)
- Fences and Windows: Dispatches from the Front Lines of the Globalization Debate (2003)
- The Shock Doctrine: The Rise of Disaster Capitalism (2007)