Nanosat 01

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nanosat 01
Reprodución do Nanosat 01 no Homsec 2015
TipoTecnolóxico
OrganizaciónINTA[1]
Data de lanzamento18 de decembro de 2004[2][3][4]
Foguete portadorAriane 5[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[3][5][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico[3][6]
NSSDC ID2004-049B
Masa15 kg[1][3][6]
Potencia20 vatios[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7030 km[2]
Inclinación98,3 graos[2]
Apoapse656,4 km[2]
Periapse648,2 km[2]

Nanosat 01, é un nanosatélite español lanzado o 18 de decembro de 2004 mediante un foguete Ariane 5 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa, xunto co satélites Helios 2A e outros cinco microsatélites franceses. O termo nanosatélite fai referencia a satélites artificiais duns poucos quilogramos de masa.[1][3]

Características[editar | editar a fonte]

Nanosat 01 pesa uns 15 kg ao lanzamento e consiste nunha estrutura hexagonal duns 0,5 m de lado cuberta de células solares capaces de producir ata 20 vatios de potencia. Foi construído polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial.[1][3][4]

Nanosat 01 levaba varios experimentos a bordo, entre eles un para a comunicación en diferido entre lugares remotos, como a Antártida, e o centro de control, situado en Madrid, así como nanosensores solares e magnéticos e un sistema de comunicación óptica interna en infravermellos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Nanosat 01" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "NANOSAT(1)" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Nanosat 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 18 December 2007 from the Permanent Mission of Spain to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (08-56811). 17 de setembro de 2008: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Claude Lafleur (2010). "Nanosat" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Nanosat 01" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  7. INTA (ed.). "NANOSAT 01" (PDF) (en español). p. 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2015.