Nano-

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nano (símbolo n) é un prefixo no Sistema Internacional de Unidades que denota un factor de 10−9, ou 1/1 000 000 000. É comunmente utilizado na notación de tempo e dimensións na electrónica.

Foi adoptado en 1960 e vén do grego νάνος, significando anano.



Tamén é prefixo de nanociencia, nanotecnoloxía... en relación á escala nanométrica.

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de nano-
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de n