Nan de Allariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfredo Fernández, coñecido como Nan de Allariz, nado en Xinzo de Limia o 13 de maio de 1875 e finado en Madrid en maio de 1927, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou á Arxentina onde se dedicou ao comercio. Foi colaborador de El Eco de Galicia destacando como poeta e dramaturgo. Regresou a España, concluíu os estudos de Bacharelato e iniciou a carreira de Dereito. Logo de facer un periplo por varias capitais americanas como actor e autor teatral, chegou a Cuba en 1904.

Na Habana foi nomeado secretario da sección de propaganda do Centro Gallego e secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. En 1914 fundou na Habana o periódico O Tío Marcos. Ademais do seu labor xornalístico, foi propietario das fábricas de tabaco La Flor de Lis e Galatea.

Destacou tamén como compositor musical de zarzuelas, pezas costumistas e operetas, como Sangre vienesa. Foi autor da zarzuela O zoqueiro de Vilaboa: boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros.

Abandonou Cuba arredor de 1920 e regresou a España, instalándose en Madrid e traballando nun teatro. Alí morreu en maio de 1927.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Recordos de un vello gaiteiro. Monólogo en verso gallego, 1904 (teatro)
  • O zoqueiro de Vilaboa. Boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros con música do autor, 1907 (zarzuela)
  • Fume de palla, 1909 (poesías)
  • A golpe de hacha, 1913 (poemario en castelán)
  • Del salón al sotabanco, 1920 (narrativa en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]