Nam June Paik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pre-Bell-Man, estatua enfronte ó 'Museum für Kommunikation', Frankfurt Alemaña.

Nam June Paik (Seúl, 1932 - Miami, 2006) foi un artista contemporáneo de orixe coreana, considerado o fundador da videoarte.

Índice

Biografía [editar]

Nam June Paik naceu en Seúl, Corea. Estudou música alí e despois trasladouse a Xapón no 1950 con motivo da guerra de Corea, alí licenciase e redacta unha tese sobre Arnold Schönberg. Seis anos despois trasladase a Alemaña Federal, e consegue un traballo de investigación de música electrónica de Radio Colonia á vez que segue a estudar música. Alí coincide con Stockhausen e John Cage, así como Joseph Beuys. Foi nesa época cuando a influencia do movemento fluxus iniciado por John Cage levouno a experimentar ata chegar a compor música indeterminada. Grazas a este movimento internacional mixtura de xogo, arte e unha cultura eletista más de base popular, Nam June Paik investiga coa performance e a música experimental. Fíxose popular coa participación en performances eróticas e extravagantes xunto a John Cage. No ano 1964 instalouse en Nova York, nesta cidade coñece a Charlotte Moorman, violoncelista coa que colaboraría durante anos en atrevidas performances musicais. En 1970, e despois de traballar cuatro anos con Shuya Abe, crea o programa de radio Bos días señor Orwell (Good morning, Mr. Orwell!,1984), sendo a primeira emisión simultaneamente retransmitida para Corea, Estados Unidos e Europa. Nam June Paik ten unha traxectoria sólida na arte contemporánea ata 1996, cando tivo un derrame cerebral que o deixou medio paralizado e impediulle seguir creando con normalidade. No 2000 unha mostra retrospectiva no Museo Guggenheim de Nova York reunía unha grande parte das súas obras mais significativas, conformando o museo mesmo como parte da obra.

Nam June Paik é considerado o pai da videoarte. Pionero da arte contemporánea estableceu o que pode ser a relación entre arte e tecnoloxía actualmente. Ademais tocou moitos xéneros diferentes, tanto performance como videoarte, conxugou a música con as novas tecnoloxías, acción e artes plásticas, instalacións, fotografías, gravados e esculturas. Ademais foi un artista cosmopolita e internacionalmente recoñecido, sen que esquecera as súas raices coreanas.

Faleceu en Miami, Florida, EE.UU., no 2006.

Cronoloxía [editar]

  • Retrospectiva The Worlds of Nam June Paik, no Guggenheim de Nova York.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • HANHARDT, John G., Los mundos de Nam June Paik, Bilbao, Guggenheim, 2001.

Ligazóns externas [editar]