Naked Lunch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Naked Lunch (ás veces The Naked Lunch) (Almorzo espido) é unha novela de William S. Burroughs publicada orixinalmente en 1959.

A obra foi publicada orixinalmente co título The Naked Lunch en París en xullo de 1959 por Olympia Press. Por mor das leis estadounidenses contra a obscenidade,[1] non se publicou unha edición completa nos EUA ata 1962 (por Grove Press). Titulouse Naked Lunch e foi substancialmente diferente da edición de Olympia Press, xa que se baseaba nun manuscrito de principios de 1958 que posuía Allen Ginsberg.[2]

O artigo "the" no título nunca fora pretendido polo autor, senón engadido polos editores da edición da edición de 1959 de Olympia Press.[3] Porén, The Naked Lunch seguiu a ser o título usado para as edicións de 1968 e 1974 de Corgi Books, e a novela é coñecida normalmente polo nome alternativo, especialmente no Reino Unido, onde circularon esas edicións.

A novela foi escollida como unha das cen mellores novelas escritas en inglés entre 1923 e 2005 pola revista Time.[4]

David Cronenberg dirixiu un filme homónimo baseado na novela e noutros escritos de Burroughs en 1991.[5]

Introdución[editar | editar a fonte]

O libro estrutúrase como unha serie de viñetas libremente conectadas. Burroughs afirmou que os capítulos se escribíran para ser lidos en calquera orde.[6] O lector segue a narración do ionqui William Lee, que toma varios alcumes, dende os EUA a México, e finalmente a Tánxer e á imaxinaria Interzona. As viñetas (que Burroughs chamou "rutinas") son descritas a partir das propias experiencias de Burroughs neses lugares, e a súa adicción ás drogas (heroína, morfina, e en Tánxer, "Majoun", un forte derivado da marihuana; así como un opiáceo chamado Eukodol, do que escribiu frecuentemente).[7]

O xeito no que se escribiu a novela pode inducir o lector a ver só parte da imaxe, tanto como queira ver. Adoito, algo mencionado no libro reaparece moito despois producindo así unha serie de relacións intratextuais e ecos. Esta idea, relacionada coas diferentes perspectivas dunha imaxe meirande, é en si mesma un tema que aparece a través do libro. A mestura na novela de fantasías tabú, peculiares criaturas (como o depredador Mugwumps, quizais a referencia ao movemento político Mugwump aínda que non é claro) e personalidades excéntricas ao servizo de procesos de control e mecanismos de desenmascaramento, provocaron moita controversia. Descentralizando o argumento Burroughs produce unha serie de sátiras, parodias e caricaturas literarias ao longo da novela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. James Campbell, Exiled in Paris. University of California Press, 2003, p. 232. ISBN 0520234413
  2. Burroughs, William S. Naked Lunch, the restored text edition, edited by James Grauerholtz and Barry Miles, 2001. Editors Notes, page 242
  3. Burroughs, William S. Naked Lunch, the restored text edition, edited by James Grauerholtz and Barry Miles, 2001. Editors Notes, page 240
  4. Time Top 100 Novels
  5. Naked Lunch (1991)
  6. http://www.bbc.co.uk/bbcfour/audiointerviews/realmedia/burroughsw/burroughsw3.ram Burroughs On Cutup
  7. http://www.bbc.co.uk/bbcfour/audiointerviews/profilepages/burroughsw1.shtml BBC Radio interviews with Burroughs