Nakajima Ki-44

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nakajima Ki-44 Shoki
Tipocaza
FabricanteNakajima
Primeiro vooagosto de 1940
Introducido1940
Unidades construídas1.225

O Nakajima Ki-44 Shōki (二式単座戦闘機, にしきたんざせんとうき, Nishiki-tanza-sentōki; 鍾馗) foi un caza monopraza xaponés usado durante a segunda guerra mundial.

Características[editar | editar a fonte]

O seu deseño estaba baseado no Ki-43, pero o Shōki era un avión moito máis pesado cunha maior veolcidade e ascenso, aínda que non tan manobrable. Fixo o seu primeiro voo en agosto de 1940, entrando en servizo en 1942, e foi o primeiro interceptador especializado do Exército Imperial. Fabricáronse un total de 1.225 exemplares coñecidos como "Tojo" polos aliados.