Nakajima G8N
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nakajima G8N Renzan | |
|---|---|
| G8N Renzan | |
| Tipo | Bombardeiro |
| Fabricante | Nakajima |
| Retirado | 1945 |
| Construídos | 4 |
O Nakajima G8N Renzan (cadea montañosa) foi un bombardeiro pesado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Foi dos poucos bombardeiro catrimotores desenvolvidos en Xapón e tivo a súa orixe nun requirimento de 1943 para ser substituto do G4M con maior carga de bombas, mellores prestacións e máis armamento defensivo. Voou por primeira vez en outubro de 1944, pero cancelouse o programa a mediados de 1945 despois de construírse só catro prototipos. Os aliados alcumárono "Rita".