Najaf - نجف

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Najaf - نجف
Situación xeográfica
Najaf en Iraq
Najaf
Najaf
Estado: Flag of Iraq.svg Iraq
Rexión:
Provincia: Najaf
Distrito:
Xeografía
Altitude: msnm
Poboación
Poboación total: 585.600 hab. (2003)
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:

Najaf (نجف, en árabe) é unha cidade de Iraq, capital da provincia de Najaf, e ademais unha das cidades máis santas para o xiísmo. Ten unha poboación de 585.600 habitantes (2003).

Significado relixioso [editar]

Fachada do Mausoleo de Alí.

En Najaf está a tumba de Ali ibn Abi Talib (coñecido como Imán Ali), que os xiís consideran o primeiro imán. A cidade é agora un gran centro de peregrinación para os musulmáns xiís. Tan só A Meca e Medina reciben máis peregrinos islámicos.

Sobre Meshed Ali (Mausoleo de Alí) construíuse unha gran mezquita. Preto da cidade está Wadi-us-Salaam (Val da Paz), o máis grande cemiterio do mundo islámico (e posiblemente do mundo). Ao longo dos séculos numerosos hospicios, escolas, bibliotecas e conventos sufís contruíronse arredor do templo, o que converteu a cidade no centro teolóxico e académico do xiísmo. Moitos deses edificios destruíunos o goberno de Saddam Hussein, ao construír unha autoestrada no medio do Wadi-us-Salaam.

Moitos dos grandes eruditos e teólogos (como Allameh Tabatabaei, Aiatolá Khomeini e Aiatolá Sistani) estudaron en Najaf. A cidade, xunto a Qom en Irán, considérase o centro teolóxico do xiísmo.

Historia [editar]

A área de Najaf estaba preto da cidade sasánida de Suristán, tradicionalmente considérase o 791 o ano da súa fundación polo califa abásida Harun al-Rashid.

Baixo a soberanía do Imperio Otomán, Najaf sofreu abondosas dificultades como resultado das expedicións de saqueo das tribos árabes do deserto e pola diminución da subministración de auga. A comezos do século XVI a cidade estaba case deshabitada. En 1803 resolvéronse os problemas da auga coa construción da canle de Hindiyya, a poboación rapidamente pasou de 30.000 a 60.000 habitantes. Mesmo así, Najaf perdeu a súa primacía relixiosa en favor de Qom no século XIX e non a volvería recuperar ata o século XX.

En 1915 a cidade caeu baixo o goberno do Imperio Británico, en 1918 unha rebelión matou o gobernador británico da cidade, os británicos sitiaron a cidade, cortándolle o suministro de auga ata que a rebelión acabou.