Naguib Mahfús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Naguib Mahfouz")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Nobel prize medal.svg
Naguib Mahfús
نجيب محفوظ
Necip Mahfuz.jpg
Naguib Mahfús
Datos persoais
Nacemento 11 de decembro de 1911
Lugar O Cairo Exipto Exipto
Falecemento 30 de agosto de 2006 (94 anos)
Lugar O Cairo Exipto Exipto
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos
Relixión
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua árabe
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros novela
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Naguib Mahfús (en árabe: نجيب محفوظ e en inglés Naguib Mahfouz), nado o 11 de decembro de 1911 no Cairo e finado o 30 de agosto de 2006 na mesma cidade, foi un importante escritor exipcio, galardoado co premio Nobel de Literatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naguib foi o restribeiro dos oito fillos dun funcionario que creceron no coñecido barrio da Gamalía, unha das zonas históricas máis antigas da capital. De cativo xa se interesou polas letras, deixouse inspirar no colexio pola Filosofía. Estudou na Universidade Rei Faruk I (actual Universidade do Cairo) onde se graduou en filosofía. Comezou a escribir artigos en revistas de entón. Interesado en linguas estranxeiras, sobre todo o inglés, Naguib propúxose a tarefa de traducir obras literarias anglosaxoas ao árabe, da que a máis coñecida foi a que fixo d'O Antigo Exipto, de James Baikie (1932).

O mozo Naguib botouse a escribir obras de ficción e xa publicara máis de 80 relatos ao rematar os seus estudos medios. Seguindo a tradición funcionarial do pai, incorporouse ao Ministerio de Asuntos Relixiosos entre 1939 e 1954. Desde alí o seu nivel produtivo literario non minguaría, senón que acadou o seu explendor con grandes proxectos. Daquel tempo quedaron inconclusos obras como A maldición de Ra (1939), Radophis a cortesá (1943) ou A batalla de Tebas (1944).

Tan intenso labor tería as súas consecuencias e premios: entre 1956 e 1957 a súa obra Triloxía do Cairo acada un grande éxito nun contorno de grandes mudanzas sociais e políticas que se deron en Exipto despois do derrocamento da monarquía en 1952. O réxime exipcio publícalle por entregas nun xornal semioficial Fillos do noso barrio, en 1967, que logo sairía como libro en Beirut en 1967. Para daquela xa pasara polo departamento de Censura e Belas Artes, xa fora director da Fundación de Apoio ao Cinema e tamén asesor do ministerio de Cultura.

Mahfús foi o primeiro escritor árabe en recibir o premio Nobel de literatura, en 1988 e ata o de agora o único.

Os últimos anos pasounos practicamente cego e xordo. En xullo de 2006 sufriu unha caída. Foi hospitalizado a consecuencia das feridas que se fixo na cabeza, mais a saúde deteriorouse rapidamente ata falecer o 30 de agosto.

Persecución[editar | editar a fonte]

O neno de Guebelaui (1959), unha das obras máis coñecidas de Mahfús, foi prohibida en Exipto por blasfema, ao facer un alegórico retrato de Deus e das crenzas monoteístas: xudaísmo, cristianismo e islamismo. Outra obra del, Fillos do noso barrio, segue nesta altura prohibida no seu país.

En 1989 logo da fatua lanzada contra Salman Rushdie un teólogo exipcio, Omar Abdul-Rahman, dixo que Mahfús debería recibir castigo por escribir O neno de Gebelaui, aínda que aclarou que aquel posicionamento non se trataba dunha fatua. Porén, en 1994, cando Mahfús xa recibira o nobel e xa era un ancián de 82 anos, un grupo de persoas tentou asasinalo dunha coitelada no pescozo. Sobreviviu o atentado, pero dende ese momento tivo que estar todo o tempo protexido cun gardacostas, e a súa saúde nunca se recuperou totalmente. Finalmente, a comezos de 2006, a novela publicouse en Exipto cun prólogo escrito por Ahmad Kamal Abu Almajd.

Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

Durante os primeiros anos, Mahfús dedícase fundamentalmente á novela histórica, con obras ambientadas no Exipto dos faraóns, así como artigos filósoficos e literarios. Pero dende o remate da Segunda Guerra Mundial e dende a publicación de Jan al-Jalili en 1945 Mahfús abandona a novela histórica e céntrase na realidade contemporánea. Abondan nesta época as novelas con nomes de rúas e barrios do Cairo, que describen os habitantes da cidade, desde as clases máis populares ata a pequena burguesía. A obra máis destacada desta época é A ruela dos milagres, publicada en 1947. Son estas novelas as que consagraron ao seu autor como o mellor novelista árabe.

Un fito na súa carreira foi precisamente a coñecida como Triloxía do Cairo, que está composta por O camiño de Entre-os-pazos, O pazo do desexo e A rúa do Azucre publicados entre 1956 e 1957. Fillos do noso barrio, publicada en 1959, anuncia xa unha mudanza na produción de Mahfús, posto que se ben continúan coa ambientación cairota, o realismo vai perdendo peso en troques dunha visión moito máis espiritual e relixiosa. Os heroes pasan a ser antiheroes solitarios e incomprendidos, extravíase a posibilidade dun cambio social e as novelas, coma O ladrón e os cans, apostan pola desesperanza.

A finais dos anos sesenta, como consecuencia da gran derrota árabe fronte a Israel de 1967, as novelas transfórmanse en diálogos surrealistas e oníricos. Os personaxes expresan o ambiente de pesimismo xeral, como en A taberna do gato negro. Nos últimos trinta anos, a partir de mediados dos setenta, Mahfús regresa á novela realista, mesturando temáticas e xéneros de toda a súa traxectoria literaria.

Obras[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha obra de Mahfús traducida ao galego.

Premios[editar | editar a fonte]

Ademais do Nobel de Literatura en 1988, Mahfús recibiu en 1972 o Premio Nacional das Letras Exipcias e canda el a máxima honra do seu país: o Colar da República.

Cine[editar | editar a fonte]

En 1995 o director mexicano Jorge Fons, levou ao cine a súa novela A ruela dos milagres, que trasladou do Cairo á Cidade de México. Uns anos antes (1993), o produtor deste filme, o tamén mexicano Arturo Ripstein dirixira Principio e fin, tamén sobre unha novela de Mahfús.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Naguib Mahfús

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]