Nadia: The Secret of Blue Water

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nadia: The Secret of Blue Water

Nadia: The Secret of Blue Water (ふしぎの海のナディア, Fushigi no Umi no Nadia) é unha serie de anime dos estudos Gainax inspirada nas novelas de Jules Verne, particularmente Vinte mil leguas baixo dos mares. A serie dirixiuna Hideaki Anno, os personaxes deseñounos Yoshiyuki Sadamoto e a música é de Shiro Sagisu.

Os protagonistas son un rapaz orfo, Jean, que vive cos seus tíos e Nadia, unha rapaza de 14 anos que traballa nun circo e que desexa volver ó seu fogar en África. A serie emitiuna orixinalmente no Xapón entre 1989 e 1991 a NHK, constituíu un enorme éxito e no canto dos 30 episodios previstos emitíronse 39 pero os episodios suplementarios, do 23 ao 34, realizados por pequenos estudos de Xapón e Corea do Sur amosan unha menor calidade nas imaxes.