Nacho Mastretta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNacho Mastretta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ignacio Mastretta Rodríguez Editar o valor em Wikidata
9 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNacho Mastretta Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , produtor musical , músico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoClarinete e Acordeón Editar o valor em Wikidata

Páxina webmastretta.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0557818 Facebook: nacho.mastretta Twitter: nachomastretta Instagram: nachomastretta Youtube: UCARtv6yNakkm1Oa0jYWYl8w Spotify: 6FM4RDf2nCrMWTYI9TVyuW Last fm: Nacho+Mastretta Musicbrainz: 60341e99-9b55-452e-9414-09d432ff0962 Songkick: 346316 Discogs: 749033 Editar o valor em Wikidata

Ignacio Mastretta Rodríguez coñecido artisticamente como Mastretta, nado en Barcelona o 9 de maio de 1964, é un músico, compositor e produtor discográfico catalán.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Aínda que nado en Barcelona, Nacho Mastretta considérase cántabro, pois trasladouse sendo moi novo a Santander, onde rematou a carreira de piano no Conservatorio Jesús de Monasterio de Santander.

O seu primeiro proxecto musical denominouse Las manos de Orlac, un grupo formado en 1987 que tocaba unha mestura de pop e música caribeña, onde cantaba e interpretaba infinidade de instrumentos. Con este grupo chegou a gravar dous álbums, La Furia (1988) e Salud y pesetas (1989).

Instalouse en Madrid en 1991, e entre 1992 e 1999 exerceu de técnico de son na mítica sala "El Sol". Traballou tamén na "Sala Maravillas", sonorizando a bandas internacionais e locais en plena expansión do rock alternativo.

Música instrumental en selo independente[editar | editar a fonte]

Paralelamente, empezou a desenvolver un persoal estilo instrumental que non convencía ás grandes compañías discográficas multinacionais, ata que a independente madrileña Subterfuge Records pensa na súa proposta para inaugurar unha nova división sonora. Baixo a etiqueta Música para un guateque sideral aparece o sinxelo instrumental Highballito, (nome dun cóctel mexicano mencionado nunha novela de Ernest Hemingway) en verán de 1998.

A crítica musical acolleuno positivamente, e en decembro de 1998 publicou o seu primeiro álbum: Melodías de rayos X. Os sons instrumentais do álbum cobraban entidade coa colaboración vocal de Ana Belén. Se ben Melodías de rayos X non foi un álbum electrónico, foi escollido polos críticos de El País como Mejor álbum electrónico español de la década de los 90.

Desde 1998 é o compositor das músicas dos desfiles do deseñador español Jesús del Pozo, e en 1999 publicou o EP Música para el desfile de la colección de otoño-invierno 1999-2000 de Jesús del Pozo. Antes xa musicara anuncios publicitarios de marcas como Volkswagen Polo o Bitter Kas.

En xaneiro de 2000 publicou o seu segundo álbum: Luna de miel. Un interesante traballo onde 10 invitadas infunden calidez costumista e feminina ás composicións do artista. Estrañamente, as letras tamén corren a cargo de Mastretta –coa axuda do seu irmán Fernando-, interpretadas por mulleres de diferentes países: a mexicana Julieta Venegas, a arxentina Rubi, a italiana Beatrice, a cubana Gemma Corredera, a sudanesa Rasha e as españolas Raquel Pascual, Irantzu Valencia (do grupo La Buena Vida), Cristina Lliso, Ana Belén, Alaska e Ajo (de Mil Dolores Pequeños). O fío condutor de Luna de miel era o canto irónico e triste de mulleres en apuros cotidianos. Debido ó seu concepto de colaboración, só permitiu dúas presentacións en directo en Madrid durante dous días de maio de 2000 no Colexio Maior San Juan Evangelista.

En febreiro de 2000 publicou a banda sonora de Asfalto, a cuarta película do realizador Daniel Calparsoro, que foi nomeada ese mesmo ano ó premios Goya na sección de mellor música orixinal. En maio publicou a banda sonora da curtametraxe Malas compañías, do malagueño Antonio Henz.

Co gallo da XI Semana de Cine Fantástico y de Terror de Donostia, en 2000 publicou Bascombe un CD sinxelo inspirado no cine fantástico, con versións de temas de Star Wars e Mars Attacks.

No 2001, ademais de tocar por toda América acompañando a Julieta Venegas, compuxo as bandas sonoras da longametraxe El sueño del caimán de Beto Gómez, e da curtametraxe Desaliñada de Gustavo Salmerón, e en novembro presentou Música de automóvil, un álbum instrumental que mantén o seu característico son, aínda que sempre cun punto agregado de estrañeza inédita.

Tocou en festivais internacionais como o Pop Komm alemán, o Arezzo Wave en Italia, o Sónar de Barcelona, en México, Estados Unidos etc.

Na produción[editar | editar a fonte]

Na súa faceta de produtor traballou para Liquits, Tonino Carotone e Peret. Mesturou a Fangoria e ós mexicanos Titan, e colaborou con infinidade de bandas como o mítico cantante italiano Renato Carossone, Peret, Los Enemigos, Los Planetas, Mercromina ou Pauline en la Playa.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Ano Título Selo discográfico Outra información
1998 Melodías de rayos X Subterfuge Records Elixido por El País como mellor disco electrónico dos 90
2000 Luna de miel Subterfuge Records 11 cancións cantadas por 10 vocalistas femeninas invitadas
2000 Asfalto Subterfuge Records Banda sonora da película Asfalto de Daniel Calparsoro
2001 El sueño del caimán Subterfuge Records Banda sonora da película El sueño del caimán de Beto Gómez
2001 Música de automóvil Subterfuge Records Disco instrumental cunha única canción cantada por Julieta Venegas

Sinxelos e maxisinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título Selo discográfico Outra información
1998 Highballito Subterfuge Records Sinxelo presentación
1999 Música para el desfile de la colección de otoño-invierno 1999-2000 de Jesús del Pozo Subterfuge Records EP coa música composta para ese desfile do deseñador español Jesús del Pozo
2000 Bascombe Subterfuge Records Disco editado en colaboración coa Semana de Cine Fantástico y de Terror de Donostia
2000 Malas compañías Subterfuge Records Banda sonora da curtametraxe En malas compañías de Antonio Hens
2002 Reparto a domicilio Subterfuge Records Canción orixinal e 4 remesturas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]