NTC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Termístores son semicondutores sensíbeis á temperatura.

Termístor do tipo NTC

Existen basicamente dous tipos de termístores:

  • NTC (do inglés Negative Temperature Coefficient) - termístores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é negativo: a resistencia diminúe co aumento da temperatura.
  • PTC (do inglés Positive Temperature Coefficient) - termístores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é positivo: a resistencia aumenta co aumento da temperatura.

Conforme a curva característica do termístor, o seu valor de resistencia pode diminuír ou aumentar en maior ou menor grao nunha determinada franxa de temperatura.

Asi algúns poden servir de protección contra o sobrequecemento, limitando a corrente eléctrica cando determinada temperatura é sobrepasada. Outra aplicación corrente, neste caso a nível industrial, é a medición de temperatura (en motores por exemplo), pois podemos co termístor obter unha variación dunha grandeza eléctrica en función da temperatura á que este se encontra.