NLGJA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Estadounidense de Xornalistas Gais e Lesbianas (en inglés National Lesbian & Gay Journalists Association) (NLGJA) é unha asociación profesional estadounidense dedicada a monitorizar a cobertura das novas relacionadas coa comunidade LGBT. Ten a súa base na cidade de Washington, DC e entre os seus membros hai tanto xornalistas como estudantes en medios impresos, audiovisuais e dixitais.

A NLGJA é unha organización de xornalistas, profesionais dos medios, educadores e estudantes que traballan nas industrias xornalísticas para fomentar unha axeitada cobertura dos acontecementos relacionados coa comunidade lésbica, gai, bisexual e transexual. A NLGJA tamén loita contra a discriminación laboral e fornece de cursos de formación aos seus membros.

Foi fundada en 1990 por Roy Aarons, e actualmente ten uns 1.500 membros. O seu director executivo é David Barre, e o seu presidente David Steinberg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]