Nebulosa da Tarántula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «NGC 2070»)
R136
A Nebulosa da Tarántula,
imaxe do telescopio TRAPPIST instalado no observatorio de La Silla
Datos para a observación
Época= J2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa de emisión
Ascensión recta 05h 38m 38s[1]
Declinación -69° 05,7′[1]
Distancia 60 ± 10 kal (49 ± 3 kpc)[2][3]
Magnitude aparente 8[2]
Diámetro angular 40′ × 25′[2]
Constelación Dorado
Características físicas
Radio 500 al
Magnitude absoluta ~ -11,7
Outras designacións NGC 2070,[2] Doradus Nebula,[1] Dor Nebula,[1] 30 Doradus

A Nebulosa da Tarántula (tamén coñecida coma 30 Doradus, ou NGC 2070) é unha rexión H II da Gran Nube de Magallanes, encadrada na constelación austral do Peixe Dourado. Orixinalmente pensouse que era unha estrela, pero no ano 1751, Nicolas Louis de Lacaille recoñeceu a súa natureza nebulosa.

Características[editar | editar a fonte]

A Nebulosa da Tarántula ten unha magnitude aparente de 8. Considerando a súa distancia duns 49 kpc[2] (160 000 anos luz), este é un obxecto non estelar moi luminoso. A súa luminosidade é moi grande: se a comparamos coa Nebulosa de Orión, se a Nebulosa da Tarántula estivese tan próxima á Terra coma a Nebulosa de Orión, a Nebulosa da Tarántula sería capaz de xerar sombras no noso planeta. De feito, é a rexión máis activa de formación estelar dentro do Grupo Local de galaxias. Tamén é a rexión deste tipo máis grande dentro do Grupo Local cun diámetro estimado de 200 pc.[3] A nebulosa reside na beira de avance da Gran Nube de Magallanes, onde a presión de avance comprime o medio interestelar. No seu núcleo descansa o cúmulo R136 (dun diámetro aprox. de 35 anos luz)[4] que produce a meirande parte da enerxía que fai visible a nebulosa. A masa deste cúmulo é dunhas 450 000 masas solares, suxerindo que nun futuro se vaia a converter nun cúmulo globular.[5]

Ademais do cúmulo R136, a Nebulosa da Tarántula tamén contén un cúmulo máis vello, catalogado coma Hodge 301, cunha idade comprendida entre os 20 e 25 millóns de anos. A estrela máis masiva que existía neste cúmulo estourou coma supernova.[6] Esta foi a supernova observada que estaba máis preto da Terra dende a invención do telescopio,[7] a Supernova 1987A, que ocorreu na parte exterior da Nebulosa da Tarántula.

A nebulosa é a maior fábrica de estrelas coñecida na nosa zona do universo.[8]

Galería[editar | editar a fonte]

O cúmulo novo de RMC 136a

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "SIMBAD Astronomical Database". Results for Tarantula Nebula. Consultado o 22-12-2006. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "SEDS Students for the Exploration and Development of Space". Results for Tarantula Nebula. Arquivado dende o orixinal o 08-05-2007. Consultado o 08-05-2007. 30 Doradus .. 49 kpc +- 3 kpc 
  3. 3,0 3,1 Lebouteiller, V.; Bernard-Salas, J.; Brandl, B.; Whelan, D. G.; Wu, Yanling; Charmandaris, V.; Devost, D.; Houck, J. R. (xuño do 2008). "Chemical Composition and Mixing in Giant H II Regions: NGC 3603, 30 Doradus, and N66". The Astrophysical Journal 680 (1): 398–419. Bibcode:2008ApJ...680..398L. doi:10.1086/587503. 
  4. Massey, P ; Hunter, D. (xaneiro de 1998). "Star Formation in R136: A Cluster of O3 Stars Revealed by Hubble Space Telescope Spectroscopy". The Astrophysical Journal 493 (1): 180. Bibcode:1998ApJ...493..180M. doi:10.1086/305126. 
  5. Bosch, Guillermo; Terlevich, Elena; Terlevich, Roberto (2009). "Gemini/GMOS Search for Massive Binaries in the Ionizing Cluster of 30 Dor". Astronomical Journal 137 (2): 3437–3441. Bibcode:2009AJ....137.3437B. doi:10.1088/0004-6256/137/2/3437. 
  6. Grebel, Eva K.; Chu, You-Hua (2000). "Hubble Space Telescope Photometry of Hodge 301: An "Old" Star Cluster in 30 Doradus". Astronomical Journal 119 (2): 787–799. Bibcode:2000AJ....119..787G. arXiv:astro-ph/9910426. doi:10.1086/301218. 
  7. SPACE.com, ed. (21-03-2011). "Tarantula Nebula's Cosmic Web a Thing of Beauty". Consultado o 26-03-2011. 
  8. "A massive laboratory". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • R136, gran cúmulo estelar da Nebulosa da Tarántula.
  • Hodge 301, outro cúmulo estelar dentro da Nebulosa da Tarántula.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]