Números de teléfono en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os números de teléfono en España están distribuídos atendendo a criterios xeográficos. O plan de numeración é pechado dende o ano 1998. Anteriormente podíase chamar a un número da mesma provincia sen ter que marcar o prefixo desta e só era necesario facelo para chamar a outras, a móbiles, a números internacionais e outros servizos. A Comisión Nacional do Mercado e a Competencia é o organismo encargado de regular o plan de numeración.

Numeración telefónica[editar | editar a fonte]

Liñas fixas[editar | editar a fonte]

Os números fixos teñen nove díxitos, sendo os dous ou tres primeiros o código da área e os demais o número de abonado. O código da área empeza por 9 e, nas provincias con maior demanda de números, tamén con 8. O formato é:

  • 9YX XXX XXX onde Y pode ser calquera número agás 0, empregado para a numeración especial e 4, para servizos de radiobusca e X pode ser calquera número.
  • 8YX XXX XXX onde Y pode ser 2, 4, 5, 6, 7 ou 8 e X pode ser calquera número.
Prefixo 9YX Prefixo 8YX Provincia
91 Madrid (ata 1993 o 911 compartíanno Guadalaxara e Segovia e o 918 era de Ávila)
920 Ávila
921 Segovia
922 822 Santa Cruz de Tenerife
923 Salamanca
924 824 Badaxoz
925 Toledo
926 Cidade Real
927 Cáceres
928 828 As Palmas
93 Barcelona
941 A Rioxa
942 Cantabria
943 843 Guipúscoa
944 Biscaia
945 Áraba
946 Biscaia
947 Burgos
948 848 Navarra
949 Guadalaxara
950 Almería
951 Málaga
952 Málaga e Melilla
953 Xaén
954 Sevilla
955 Sevilla
956 856 Cádiz e Ceuta
957 Córdoba
958 858 Granada
959 Huelva
960 Valencia (norte da provincia)
961 Valencia (centro da provincia)
962 Valencia (sur da provincia)
963 Valencia (capital e área metropolitana)
964 Castelló
965 Alacant
966 Alacant
967 Albacete
968 868 Murcia
969 Cuenca
971 871 Illas Baleares
972 872 Xirona
973 873 Lleida
974 Huesca
975 Soria
976 876 Zaragoza
977 877 Tarragona
978 Teruel
979 Palencia
980 Zamora
981 881 A Coruña
982 Lugo
983 Valladolid
984 Asturias
985 Asturias
986 886 Pontevedra
987 León
988 Ourense

Liñas móbiles[editar | editar a fonte]

A numeración móbil ten nove díxitos. O primeiro díxito é 6 ou 7. O bloque comezado por sete é de recente creación ante a falta de números libres no bloque 6. Cada un dos bloques ten un formato:

  • 6XX XXX XXX onde X pode ser calquera número.
  • 7YX XXX XXX onde Y pode ser 1, 2, 3 ou 4 e X calquera.

Liñas nómade[editar | editar a fonte]

A numeración nómade é un servizo de numeración virtual que permite redirixir as chamadas e mensaxes a distintos destinos. Ten asignados dous bloques de numeración:

  • 51Y XXX XXX onde Y pode ser calquera número agás o 0 e X pode ser calquera número.
  • 8YX XXX XXX onde Y pode ser 1 ou 8 e X pode ser calquera díxito. Nota: o acceso a este bloque está limitado ó distrito.

Liñas persoais[editar | editar a fonte]

A numeración persoal ten nove díxitos e comeza por 70.

  • 70X XXX XXX onde X pode ser calquera número.

Radio busca[editar | editar a fonte]

A numeración do servizo de radio busca ten nove díxitos e comeza por 940.

  • 940 XXX XXX onde X pode ser calquera número.

Outros números[editar | editar a fonte]

Numeración especial[editar | editar a fonte]

A numeración especial comeza por 80 e 90 (agás 908 e 909) e ten nove díxitos de lonxitude.

  • 800 e 900 son os prefixos de cobro automático en destino. A chamada sempre é gratis para que a realiza.
  • 901 é o prefixo de custo compartido. O prezo repártese entre ambos conferenciantes.
  • 902 é o prefixo de pago por parte de quen realiza a chamada e sen retribución ó chamado.
  • 803 é o prefixo de custo adicional reservado para adultos.
  • 905 é o prefixo destinado a servizos de chamadas masivas coma tele voto.
  • 806 é o prefixo de custo adicional reservado a servizos de lecer e entretemento.
  • 807 é o prefixo de custo adicional reservado a servizos profesionais.
  • 907 é o prefixo de custo adicional reservado a sistemas de datos.

Acceso a Internet[editar | editar a fonte]

A numeración de acceso a Internet ten dous prefixos, 908 e 909, e é de nove díxitos de lonxitude.

  • 908 cando a facturación realízaa o mesmo operador de acceso.
  • 909 cando a facturación realízaa outro operador distinto do de acceso.

Números curtos[editar | editar a fonte]

A numeración curta comeza por 0 ou 1 e ten entre tres e seis díxitos:

  • 112, o teléfono de emerxencias.
  • 0XX para servizos de interese do cidadán:
    • 010 para información cidadá.
    • 011 para tráfico.
    • 012 para información da comunidade autónoma.
    • 016 para asesoramento a mulleres vítimas da violencia de xénero.
    • 060 para comunicación provincial.
    • 061 para ambulancias.
    • 062 para a Garda Civil.
    • 065 para atención á dependencia.
    • 080 para bombeiros.
    • 085 para incendios forestais.
    • 091 para a policía nacional.
    • 092 para a policía local.
    • 093 para información horaria.
    • 095 para o servizo informativo de RNE.
    • 096 para o servizo de espertador.
    • 097 para o servizo de información deportiva de RNE.
    • 098 para información diversa.
  • YXX, onde Y pode ser calquera número agás o 0 e X pode ser calquera número, para servizos de información dos teleoperadores:
    • 123 para Vodafone.
    • 470 para Orange.
  • 1XYX, onde X pode ser calquera número e Y pode ser calquera número agás o 2, 6 ou o 8 se o primeiro X é 1, para servizos de información dos teleoperadores:
    • 1002 para avarías en Movistar.
    • 1004 para Movistar.
    • 1414 para Orange.
    • 1434 para British Telecom.
    • 1443 para Vodafone a empresas.
    • 1444 para Vodafone a particulares.
    • 1445 para R (teléfono xeral).
    • 1446 para R a empresas.
    • 1449 para R a particulares.
    • 1565 para Jazztel a particulares.
    • 1566 para Jazztel a empresas.
  • 116 XXX, onde X pode ser calquera número, para servizos de interese social:
    • 116 000 para nenos desaparecidos.
    • 116 111 para axuda á infancia.
  • 118XX, onde X pode ser calquera número, para servizos de información telefónica con custo adicional.

Números para mensaxes de texto e multimedia[editar | editar a fonte]

A estrutura da numeración para servizos baseados en comunicación por mensaxes é:

  • 205 XXX e 207 XXX para servizos gratuítos.
  • 215 XXX e 217 XXX para servizos ó prezo dunha mensaxe normal.
  • 25 XXX e 27 XXX para servizos de custo adicional con prezos de ata 1,2 €.
  • 280 XX para campañas solidarias cun custo adicional de ata 1,2 €. O custo total dos mensaxes enviados con este prefixo destínase integramente á campaña.
  • 35 XXX e 37 XXX para servizos de custo adicional con prezos entre 1,2 € e 6 €.
  • 795 XXX 797 XXX para servizos de subscrición con prezos de ata 1,2 €.
  • 995 XXX e 997 XXX para servizos de custo adicional para adultos con prezos de ata 6 €.

Números entre máquinas[editar | editar a fonte]

A numeración entre máquinas, ou M2M, emprega números de 13 díxitos. Un exemplo de uso destes números son os contadores de auga, gas ou electricidade que envían á compañía a lectura. Os números son:

  • 590 ABM XXX XXXX onde ABM indican a compañía a que pertence o número e X pode ser calquera díxito.