Nótt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nótt monta o seu cabalo. Pintura de Peter Nicolai Arbo.

Na mitoloxía nórdica, Nótt é a personificación da noite. É filla do xigante Nörfi (tamén Narfi ou Nörr). Foi esposa de Naglfari con quen tivo un fillo chamado Aud, logo con Annar tivo unha filla chamada Jörd e finalmente casou con Delling que era un dos deuses, e con quen tivo un fillo chamado Dagr.

A súa orixe e natureza son descritas por Snorri Sturluson no primeiro capítulo da Edda prosaica, en Gylfaginning:

Nörfi eða Narfi hét jötunn er bygði í Jötunheimum. Hann átti dóttur er Nótt hét. Hon var svört ok døkk sem hon átti ætt til. Hon var gipt þeim manni er Naglfari hét. Þeira sonr hét Uðr. Því næst var hon gipt þeim er Annarr hét. Jörð hét þeira dóttir. Síðarst átti hana Dellingr, var hann Ása ættar. Var þeira sonr Dagr. Var hann ljóss ok fagr eptir faðerni sínu. Þá tók Allföðr Nótt ok Dag, son hennar, ok gaf þeim tvá hesta ok tvær kerrur ok setti þau upp á himin, at þau skulu ríða á hverjum tveim dœgrum umhverfis jörðina. Ríðr Nótt fyrri þeim hesti er kallaðr er Hrímfaxi, ok at morni hverjum døggvir hann jörðina af méldropum sínum. Sá hestr er Dagr á heitir Skinfaxi, ok lýsir allt lopt ok jörðina af faxi hans. - Texto normalizado del manuscrito R, [1]
Había un xigante vivindo en Jotunheim chamado Nörfi ou Narfi. Tiña unha filla chamada Noite. Era escura e morena, como a familia á cal pertencía. O seu primeiro matrimonio foi cun home chamado Naglfari, o fillo deles chamábase Auð. Logo casou con Annar, a filla deles chamábase Terra. Por último casou con Delling e el era da familia dos deuses. O fillo deles era Día, era brillante e belo como a familia do seu pai. Logo Odín tomou a Noite e o seu fillo, Día e deulles dous cabalos e dous carros e púxoos no ceo de modo que debían recorrer o mundo cada vinte e catro horas. Noite vai primeira nun cabalo chamado Hrímfaxi, e cada mañá orballa a terra coa escuma do seu freo. O cabalo de Día chámase Skinfaxi, e toda a terra e o ceo son iluminados polas súas crinas. - Tradución ao galego da tradución de Young

Notas[editar | editar a fonte]

  • Eysteinn Björnsson (ed.) (2005). Snorra-Edda: Formáli & Gylfaginning : Textar fjögurra meginhandrita. http://www.hi.is/~eybjorn/gg/
  • Finnur Jónsson. Lexicon Poeticum (1931). København: S. L. Møllers Bogtrykkeri.
  • Young, Jean I. (1964). Snorri Sturluson : the Prose Edda. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-01231-3.