Nísyros - Νίσυρος
| Nísyros - Νίσυρος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Mandraki |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Dodecaneso |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 948 hab. |
| Superficie | 41´6 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 36°35.10′N 27°09.36′E / 36.585°N 27.156°E |
| Maior Altura | 698 m. Monte Profitis Elias |
| Localización | |
Nisiros é unha illa grega situada ao sur do mar Exeo. Forma parte do arquipélago do Dodecaneso e da rexión administrativa honónima cuxa capital é Rodas
Xeografía [editar]
A súa superficie é de 41 km² sendo o seu punto mais alto unha cima de 638 m, de orixe volvánico. É o volcán mais novo do mar Exeo, sendo a súa última erupción en 1887. O cráter do volcán mide 4 km de diámetro. A illa está rodeada de catro illotes tamén de orixe volcánico dun dos cales, o illote de Yali, extráese a pedra pómez dunha mina que cobre un terzo da súa superficie e que ten cincuenta anos de actividade, case no centro de Nisiros, na meseta de Lakki, atópase o cráter do volcán extinto Polibotes, de 260 m de diámetro e unha profundidade de 30 m. O aire circundante está saturado por un forte cheiro a xofre e a paisaxe é lunar.
A capital e o porto de Nisiros é Mandraki, situado ao noroeste ao pé dun outeiro abrupto. A blancura das súas casas contrasta coa escuridade da terra volcánica. Ao sur da illa atópase o pobo de Nikia, na cima dun outeiro a 400 m sobre o nivel do mar. As súas casas brancas coas portas e fiestras pintadas de vivas cores e os seus tellados de tella destacan sobre o campo circundante. Nisiros posúe fermosas praias entre as que destacan as de Mandraki, Joklaki, Agia Irini e Avlaki.
Historia [editar]
Unha lenda conta que durante a guerra entre os deuses e os xigantes Poseidón colleu unha roca de Kos para matar a Polibotes, formando así unha illa.
Un castelo construído polos cabaleiros da orde de San Juan de Xerusalén destaca ao sur da pequena cidade mentres que unha igrexa próxima está consagrada a Panagía Spiliani (A nosa señora das Covas). Cosntruída en 1600, esta relacionada con multitude de tradicións e encerra unha fermosa icona do século XVIII.
Economía [editar]
As fontes de auga quente da illa, coñecidas desde a antigüidade, seguen activas hoxe en día nas proximidades de Lutra, a 1'5 km de Mandraki. Pali, un pintoresco pobo de pescadores, atópase ao leste de Lutra. Os cultivos mais importantes da illa son a oliveira, a figueira, a vide e as árbores froiteiras.
Nisiros non é autosuficiente en auga doce. Recibe auga todos os anos, sobre todo no verán desde Rodas a un custo aproximado de 5 € por metro cúbico.