Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Myth Takes |
|
| Álbum de !!! |
| Edición: |
5 de marzo do 2007 |
| Datas de gravación: |
2006 |
| Estudio(s) de gravación: |
|
| Duración: |
{{{duración}}} |
| Xénero: |
dance-punk |
| Selo(s): |
Warp Records |
| Producido por: |
Justin Van Der Volgen, The Brothers |
| Cronoloxía |
|
|
Myth Takes é un o terceiro álbum da banda estadounidense de dance-punk !!!, editado o 5 de marzo do 2007 a través do selo Warp Records. Foi gravado en Nashville, Tennessee, e conta co batería Jerry Fuchs. As primeias edicións limitadas da versión en CD viñan cun segundo disco con tres remesturas.
O primeiro sinxelo foi "Heart of Hearts", aparecido como descarga gratuíta e vinilo limitado o 19 de febreiro. Realizouse un video para "Must Be the Moon", dirixido por Ben Dickinson, e este tema foi lanzado como sinxelo o 14 de maio (o 5 de xuño en Norteamérica); este está unicamente dispoñible como descarga dixital e en vinilo de 12".
O tema "All My Heroes Are Weirdos" aparece nos videoxogos Tony Hawk's Proving Ground e FIFA 08. Ademais, a canción "Yadnus" está na emisora Radio Broker do xogo Grand Theft Auto IV. A portada do álbum foi creada polo artista Kevin Hooyman, un amigo da banda.
Listaxe de cancións [editar]
| N.º |
Título |
Duración |
| 1. |
"Myth Takes" |
2:24 |
| 2. |
"All My Heroes Are Weirdos" |
3:04 |
| 3. |
"Must Be the Moon" |
5:56 |
| 4. |
"A New Name" |
4:54 |
| 5. |
"Heart of Hearts" |
6:02 |
| 6. |
"Sweet Life" |
3:46 |
| 7. |
"Yadnus" |
5:13 |
| 8. |
"Bend Over Beethoven" |
8:06 |
| 9. |
"Break in Case of Anything" |
3:39 |
| 10. |
"Infinifold" |
5:11 |
| Disco extra |
| N.º |
Título |
Duración |
| 1. |
"Myth Takes" (Acouth Take) |
2:14 |
| 2. |
"Bend Over Beethoven" (Original Nashville Jam) |
4:03 |
| 3. |
"Heart of Hearts" (The Brothers Mix) |
5:43 |