My Name Is Earl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
My Name Is Earl
Formato Comedia
Creado por Greg Garcia
Intérpretes Jason Lee
Ethan Suplee
Jaime Pressley
Eddie Steeples
Nadine Velazquez
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Produción
Produtor(es) executivo(s) Bryan Singer
Duración 21 mins. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixe NBC
Formato de imaxe 480i (SDTV)
1080i (HDTV)
Tempo de emisión 20 de setembro do 2005 – Presente
Ligazóns externas
Páxina web

My Name Is Earl (traducido coma Me llamo Earl en España), é unha comedia de situación gañadora dun Premio Emmy, creada por Greg Garcia e producida por Fox. Actualmente emítese a súa terceira temporada pola canle NBC.

Argumento[editar | editar a fonte]

Os seus intérpretes principais son Jason Lee, Ethan Suplee, e Jaime Pressly. Lee interpreta a Earl J. Hickey, un delincuente de pouca monta sen respecto nin por nada nin por ninguén, que nada máis gañar $100.000 na lotería, perde o boleto ao ser atropelado por un coche. No tempo de repoñerse no hospital a súa muller faille firmar o divorcio, e é entón cando a través da televisión descubre o karma a raíz dun comentario de Carson Daly no seu programa. O descubrimento do karma, faille reformular a súa vida, á que decide darlle un xiro. Ese xiro materialízase nunha lista na que escribe toda as súas malas accións para intentar enmendalas. Despois dun par de boas accións recupera o seu boleto de lotería premiado. Earl interpreta isto como un sinal de que o karma funciona, así que decide aproveitar a tranquilidade que lle dá o diñeiro que acaba de gañar na lotería para dedicar o seu tempo a emendar as accións da lista, tachándoas unha vez liquidadas. Ao primeiro, a súa lista ten 259 malas accións (no primeiro capítulo xa tacha unha, a número 64), pero ao tempo que avanza a serie vai engadindo malas accións segundo as vai lembrando.

Ethan Suplee interpreta ao irmán pequeno de Earl, Randy Hickey, un bonachón que non foi agraciado con demasiada intelixencia. Pressly interpreta á ex muller de Earl, Joy Darville. Tamén aparecen dentro do reparto Eddie Steeples, que interpreta a Darnell Turner, o novo marido de Joy, amén do pai biolóxico do segundo fillo de Earl, máis coñecido como o Home Caranguexo, e Nadine Velazquez, Catalina Aruca, unha atractiva rapaza da limpeza latinoamericana con moi bo corazón que traballa no motel onde viven os irmáns Hickey.

Concepción[editar | editar a fonte]

Segundo as entrevistas na primeira edición do DVD (versión estadounidense), a personaxe de Earl está parcialmente inspirada no padrastro do creador da serie, Greg Garcia, tamén chamado Earl. Ao igual que Earl Hickey, o Earl de verdade coñeceu e casou cunha muller que estaba embarazada dun fillo doutro home. Co tempo tamén tivo un segundo fillo cun afroamericano, como fixo Joy na serie. O Earl real estivo involucrado nalgunhas actividades cuestionábeis no pasado, pero finalmente cambiou, como fixo Earl.

García escribiu o episodio piloto mentras traballaba noutra comedia de situación, Yes, Dear. Ao primeiro contactou coa Fox, a cal aprobou a serie. Ao final foi a NBC a que aprobou a realización do piloto condicionado a que se poidese conseguir un reparto de garantías.

Jason Lee foi contactado para a personaxe principal, pero non estaba interesado en traballar para a televisión y rexeitou en dúas ocasións a personaxe, ata que ao final aceptou gravar o episodio piloto despois de le-lo guión. A pesar de que lle gustou o piloto, amosouse indeciso a comprometerse ata que se reuniu con García, o creador da serie.