Muxiliformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muxo (Mugil cephalus)

Os Muxiliformes (Mugiliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Comprende distintas especies mariñas estendidas por todo o mundo, en augas costeiras tanto en mares temperados como tropicais, así como algunhas especies de estuarios e mesmo de auga doce. A especie típica é o muxo.

Características[editar | editar a fonte]

Presentan dúas aletas dorsais (a primeira con catro radios espiñosos e a segunda separada, de radios brandos), unha aleta caudal en forma de forcada e unha aleta anal oposta á segunda dorsal. Liña lateral pouco visible, cando está presente. Teñen dentes pequenos e posúen vexiga natatoria pechada.

A lonxitude máxima rexistrada é de 90 cm [1].

Aliméntase de algas finas e detritus do sedimento.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprende unha única familia:

Os Muxiliformes consideráronse unha suborde dos Perciformes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Muxiliformes
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Muxiliformes