Muwatallis I
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muwatallis I, rei hitita, sucedeu a Huzziyas II tras asasinalo. O seu goberno forma parte do "período escuro" ou "Reino Medio", do que case non se ten información algunha.
Morreu asasinado a mans de dous homes do seu séquito Kantuzzilis e Himuilis, quen, segundo algúns historiadores, poderían ser fillos de Huzziyas II.
Sucedeuno Tudhaliyas I, o primeiro gobernante do Reino Novo hitita.
| Hititas | ||
|---|---|---|
Segue a: Huzziyas II |
Muwatallis I
(-?--1465)
|
Precede a: Tudhaliyas I |
| - | ||