Mutual Aid: A Factor of Evolution

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mutual Aid: A Factor of Evolution
Título orixinal Mutual Aid: A Factor of Evolution
Autor Piotr Kropotkin
País Inglaterra
Lingua inglés
Xénero(s) Ensaio, recompilación de artigos
Data de pub. 1902

Mutual Aid: A Factor of Evolution (Axuda mutua: un factor da evolución) é un libro do ruso Piotr Kropotkin sobre o concepto da axuda mutua e a cooperación voluntaria dentro do proceso evolutivo.

Foi escrito durante o seu exilio en Inglaterra. Foi publicado por primeira vez por William Heinemann en Londres en outubro de 1902, pero os distintos capítulos xa foran publicados orixinalmente entre 1890 e 1896 como unha serie de ensaios na revista literaria mensual británica, Nineteenth Century (século XIX).

Escrito en parte como resposta ó darwinismo social e, en particular, ó ensaio de Thomas H. Huxley The Struggle for Existence, o libro baséase na súa experiencia do día a día nas expedicións científicas en Siberia para ilustrar o fenómeno da cooperación. Tras examinar as probas da cooperación en comunidades de animais non humanos, "salvaxes", "bárbaros", nas autónomas cidades medievais, e na época moderna, chega á conclusión de que a cooperación e a axuda mutua son tan importantes ou máis na evolución da especie como a competencia e a loita mutua.

Considerada como unha das súas maiores obras, Kropotkin mostra toda a súa esencia como ideólogo sen deixar de lado o plano científico e analítico do tema en si. Partindo desa base, converte o principio do apoio mutuo e voluntario nun principio político.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]