Museo do Hermitage
O Hermitage ou Museo Estatal do Hermitage (ruso Государственный Эрмитаж / Gosudarstvenniy Ermitaž) en San Petersburgo, Rusia, é unha das maiores, máis antigas e máis importantes e famosas galerías de arte e museos da historia humana e da cultura do mundo. As vastas coleccións do Hermitage están despregadas en seis edificios, sendo un dos principais o Palacio de Inverno que fora a residencia oficial do Tsar das Rusias.
O importante legado do Hermitage sobre a Arte Occidental comprende obras de Michelangelo, Leonardo da Vinci, Rubens, van Dyck, Rembrandt, Poussin, Claude Lorrain, Watteau, Tiepolo, Canaletto, Canova, Rodin, Monet, Pissarro, Renoir, Cezanne, van Gogh, Gauguin, Picasso e Matisse. Hai moitas máis coleccións, porén, incluíndo artistas da Rusia imperial, unha selección de xoiaría de Fabergé, e a máis grande colección existente de antiga ourivaría de Europa oriental e Asia occidental.
Breve Historia do Museo [editar]
Inaugurado en 1852, o museo ocupa catro pazos contiguos, sendo o maior deles o antigo Pazo de Inverno - residencia oficial dos tsares.
En 1764 (ano oficial de fundación do Museo) a Emperatriz adquiriu a colección de Johann Ernest Gotzkowski, a primeira do Museo.
Em 1865, o Hermitage adquiriu a obra Madona con Neno (Litta Madona), de Leonardo da Vinci. Cinco anos despois, a obra Madona e o Neno (Madona Conestabile), de Rafael, realizada en 1504, en Italia. En 1914, fixo unha nova adquisición de Leonardo da Vinci: a Madona cunha Flor (Madonna Benois).