Museo Nacional de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Museo en 1900

O Museo Nacional de Baviera (Bayerisches Nationalmuseum), localizado en Múnic, en Baviera, é un dos máis importantes museos de arte e historia de Europa. O seu grande acervo abriga unha variedade de artefactos que van da Antigüidade tardía até o século XX.

Índice

Histórico [editar]

O Museo Nacional de Baviera foi creado en 1855 polo rei Maximiliano II de Baviera, a partir dun proxecto apresentado en 1853 polo diretor dos arquivos, o barón Karl Maria von Aretin. Os seus obxectivos primeiros foron, de acordo coa moda medievalista da época, estabelecer un museo de arte medieval.

A colección recén-reunida encontrou unha colocación provisoria en algunhas salas do castelo do duque Max, pero logo se pensou en acomodala no Novo Castelo Schleißheim (Neue Schloss Schleissheim), e por fin foi decidida a construción dunha sede propia na Maximilianstraße.

Construída entre 1859 e 1863 com proxecto de Eduard von Riedel, foi inaugurada en 1867, e hoxe abriga a colección de folclore, coa decoración de cada ambiente acompañando o tipo de obxectos expostos, incluíndo grandes murais históricos. A partir de 1868 a colección comezou a ser dividida en departamentos.

Tornándose pequeno para o acervo continuamente ampliado, tornouse necesaria a construción dun outro edificio na Prinzregentenstraße. A construción iniciou en 1894 cun proxecto de Gabriel von Seidl, sendo aberto ao público en 1900. En estilo eclético, este edificio foi un marco na arquitectura museística de seu tempo.

Danado na II Guerra Mundial, con grande perda de acervo, o edificio foi reconstruído e remozado de acordo con criterios museolóxicos máis modernos. A partir de 1978 o museo sufriu unha nova reformulación nos seus equipamentos expositivos, concluída somente en 2001.

Recentemente o Museo Nacional abriu unha ramificación no Mosteiro de Asbach, en Rotthalmünster, especialmente para recibir parte da grande Colección Kriss de arte sacra popular.

O acervo [editar]

A colección está dividida en dúas seccións principais: Arte e Historia, e Folclore. A colección histórica está exposta en máis de 40 salas que mostran un itinerario através do tempo, iniciando coas obras do Románico, pasando polo Gótico, Renacemento, Barroco, Neoclasicismo e chegando até a Art Nouveau, ou Jugendstil, como foi chamada nos países xermánicos, con pezas nas máis diversas técnicas, como porcelanas, marfil, pinturas, esculturas, tapicerías, vidros, instrumentos musicais, miniaturas e ourivería. A colección folclórica mostra conxuntos de mobiliario típico de Baviera, cerámicas e artefatos da cultura relixiosa popular, incluíndo unha grande serie de nacementos.

Mestre de Rímini: Cabeza de Xoán Bautista, c. 1430
Tilman Riemenschneider: Santa Madalena arrodeada de anxos, c. 1490
Johann Baptist Straub: Ceres, 1772

Arte medieval [editar]

As coleccións da arte medieval incluen tesouros a maioría de carácter relixioso, con marfís, pinturas e esculturas, e algúns altares completos, alén de fragmentos de decoración arquitectural en pedra (esculturas, frisos e relevos), datando da Antigüidade tardía, do Románico e do Gótico. Unha das pezas máis antigas e máis importantes desta sección é a Placa Reider, do ano 400, que mostra unha das máis antigas representacións da Resurrección e Ascensión de Cristo. O Románico ten un belo representante no busto de Cristo abenzoando, do século XI. Embora a maior parte dos artistas deste período permaneza anónima, algunhas pezas, particularmente do Gótico, teñen autoría estabelecida: Hans Mult, Michel Erhart (autor dun orixinal Cristo como Home das Dores), Hans Klocker, Tilman Riemenschneider e poucos máis. Riemenschneider foi o autor dunha requintada Santa María Madalena arrodeada de anxos, e é preciosa a colección de Madonnas, que ten exemplares de graza encantadora, como a realizada polo Mestre de Seeon, de c. 1430, e a Nai de Deus e o Meniño na roseira, de mestre anónimo do século XIV. Peza espléndida da transición do Gótico para o Renacemento é o Sippenaltar, de Wolf Traut.

Renascimento e Maneirismo [editar]

Diseminado ao norte dos Alpes somentes despois de 1500, o Renacemento alemán evoluíu con características propias, pero na arte, temáticas como a mitoloxía antiga, que se tornaran comúns na Italia tamén foran cultivadas na Alemaña, cunha descrición máis naturista dos obxectos físicos que incluíu representacións do corpo humano nu, alén de ter maior interese pola literatura clásica. Das pezas individuais mais interesantes son unha versión a pequena escala do Rapto da Sabina, de Giambologna, un gabinete que pertenceu á família de banqueiros Fugger, posiblemente feito por Heinrich Kron e Hans Kels, sendo un dos primeiros exemplos de uso de decoración renacentista na Alemaña, e un grupo em bronce representando Marte, Venus e Cupido, de Hubert Gerhard. Da transición manierista para o Barroco son moi interesantes as esculturas de Adriaen de Vries e Hans Krumper.

Barroco e Rococó [editar]

A representación destes períodos é extremadamente rica no Museo Nacional, e está dividida en setores temáticos. O estilo, embora con características locais, evidencia a influencia da cultura francesa do tempo de Luís XIV, con pezas de decoración, arte sacra, pinturas, obras italianas en pietra dura, e mobiliario con incrustacións en ouro e pedras preciosas, onde destaca un magnífico gabinete florentino de 1680. A escultura ten puntos álxidos nun San Sebastian de Georg Petel, nun grupo de Adorantes da Virxe de Christian Jorhan, nun Cronos de Ignaz Günther e nunha Ceres de Johann Baptist Straub.

A cultura cortesá do refinamento na mesa atinxiu o seu auxe no século XVIII, desenvolvendo unha cantidade desmesurada de obxectos para uso e mera decoración, moitas veces de extraordinaria riqueza. O Museo Nacional de Baviera é o único museo da Alemaña cun acervo capaz de representar en detalle esta tendencia da época, con espléndidas pezas en louza, mobiliario, servizos festivos de mesa en metais preciosos, e outros obxectos, onde se destaca o servizo en prata do príncipe-bispo Frederico Guillerme de Westfalia.

O Museo tamén conserva unha bela colección de instrumentos musicais, con pezas oriundas das coleccións dos eleitores de Wittelsbach entre os séculos XVII e XVIII, dos acervos persoais dos antigos mestres de capela da corte, e de outras aquisicións. Destaca dúas grandes frauta doces de 1530 de Hans Rauch, trombóns do século XVII, un chalumeau de Johann Christoph Denner, frautas-baixo de marfil e instrumentos de cordas ricamente enfeitados de Joachim Tielke, hammerflügels das manufacturas Stein, Schiedmayer e Dulcken, un baryton de Johann Andreas Kämbl e frautas de Thomas Lot, coroando a colección doce trompetas douradas para acompañamento de solemnidades, do obradoiro de Johann Wilhelm Haas.

A cultura cortesá tamén é coñecida através das magníficas pezas de armería e de apetrechos de caza, e pola rica selección de porcelanas, onde priman as da manufactura de Nymphenburg, as estatuiñas de Franz Anton Bustelli, as pezas de Ludwig von Schwanthaler, e os conxuntos oriúndos do Palatinado, das manufacturas Frankenthal e do sur da Alemaña. Unha peza é especialmente interesante: unha grande maqueta da cidade de Munique executado em porcelana no século XIX por Johann Baptist Seitz e Franz Seitz.

Clasicismo e Jugendstil [editar]

Este departamento ten un rico acervo que compón un amplo panorama das variadas tendencias e interpretacións das escolas que floreceran no inicio do século XIX até o inicio do século XX, con itens en varias técnicas: porcelanas, mobiliario, vidros, ourivería, concluíndo con obxectos Gallé, Lalique e Tiffany.

Nacementos e arte sacra popular [editar]

A súa colección de escenas da Natividade é a mais importante do mundo em termos de cualidade artística, con conxuntos chegados de tres centros principais: Nápoles, Alpes e Sicilia. Foi formada na súa maioría polas doazóns de Max von Schmederer e Rudolf Kriss, incorporando paralelamente unha diversidade de outras pezas devocionais populares.

Mobiliario popular bávara [editar]

Nesta sección destacan un conxunto de 1788 composto por mobles e un teito pintado, de Anton Perthaler; outro conxunto do século XVIII recollido em Zeisenried; dous conxuntos do final do século XVIII provenientes de antigas propriedades rurais en Tannheim, e por fin un conxunto datado de 1669. Tamén hai un gran patrimonio de vasos, pratos, bandeixas e outras pezas de mesa en pedra, madeira e cerámica, de uso de cotío ou decorativo.

Xoguetes [editar]

Mostra unha rica colección de exemplares desde o Gótico ao século XX do sur da Alemaña. Casiñas, bonecas, xogos e outros obxectos do universo infantil, algúns de enorme requinte, fan parte deste grupo.

Outras obras [editar]

Modelo:Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: