Musa (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bananeiros (xénero Musa)
Musa sp.
Musa sp.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Zingiberales
Familia: Musaceae
Xénero: ''Musa''
L.
Especies

Véxase texto

Sinonimia
  • Karkandela Raf., Sylva Tellur.: 106 (1838).[1]
Musa sp.

O xénero Musa é o xénero tipo da familia das musáceas, que comprende unha cincuentena de especies de megaforbas de confusa taxonomía, así como decenas de híbridos, entre os cales se atopan Musa acuminata, Musa balbisiana e Musa x paradisiaca, as tres especies comprendidas co nome común de bananeiro. Son grandes plantas herbáceas de orixe asiática cun pseudotalo constituído a partir das vaíñas foliares.

Descrición[editar | editar a fonte]

Plantas herbáceas perennes, xeralmente de gran tamaño, ás veces parcialmente lignosas. Talo subterráneo rizomatoso do que parten as súas grandes follas, cuxas vaíñas están dispostas en espiral fortemente apertadas unhs coas outras, constituíndo o falso toro. Follas grandes, simples, enteiras, con vaíña e normalmente con pecíolo. Flores hermafroditas ou unisexuais, con brácteas; perianto cigomorfo, diferenciado a miúdo en cáliz e corola; androceo constituído xxeralmente por 5 estames e 1 estaminodio; ovario ínfero trilocular. Inflorescencias en espiga ou en panícula, espatadas. Froitos abagados ou capsulares. Acolle arredor de 100 especies tropicais.

Algunhas especies producen froitos sen sementes, perpetuándose de xeito vexetativo. O rizoma produce un ou varios fillos que han substituír a planta nai unha vez que morra, cousa que ocorre trala formación dos froitos.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É un xénero das rexións tropicais de Asia, naturalizada en América Central.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O seu nome deriva do apelativo árabe para a froita. Divídese en tres seccións de acordo co número cromosómico: Callimusa (2n = 20), Musa (2n = 22) e Ingentimusa (2n = 14).

Banana[editar | editar a fonte]

Sección Ingentimusa[editar | editar a fonte]

Musa ingens

Sección Callimusa ( Australimusa)[editar | editar a fonte]

Musa alinsanaya
Musa bauensis
Musa beccarii
Musa boman
Musa borneënsis
Musa bukensis
Musa campestris
Musa coccinea
Musa exotica
Musa fitzalanii - extinto
Musa flavida
Musa gracilis
Musa hirta
Musa insularimontana
Musa sp. - habit
Musa jackeyi
Musa johnsii
Musa lawitiensis
Musa lolodensis
Musa maclayi
Musa monticola
Musa muluensis
Musa paracoccinea
Musa peekelii
Musa pigmaea
Musa salaccensis
Musa splendida
Musa suratii
Musa textilis
Musa tuberculata
Musa violascens

Sección Musa[editar | editar a fonte]

Musa acuminata
Musa acuminata
Musa angcorensis
Musa aurantiaca
Musa balbisiana
Musa banksii
Musa basjoo
Musa cheesmanii
Musa flaviflora
Musa griersonii
Musa itinerans
Musa laterita
Musa mannii
Musa velutina
Musa nagensium
Musa ochracea
Musa ornata
Musa rubra
Musa sanguinea
Musa schizocarpa
Musa siamea
Musa sikkimensis
Musa thomsonii
Musa velutina

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Musa
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Musa