Munin (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Munin
TipoCientífico
OrganizaciónInstituto Sueco para a Física Espacial (IRF)[1]
Data de lanzamento21 de novembro de 2000[2][3][4]
Foguete portadorDelta 7320[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][5][6]
Obxectivo da misiónEstudo das auroras polares[3][6]
NSSDC ID2000-075C
Masa6 kg[1][3][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7624 km[2]
Inclinación95,4 graos[2]
Apoapse1790,6 km[2]
Periapse702,2 km[2]

Munin, nomeado así por un dos corvos mitolóxicos asociados a Odín[7], foi un nanosatélite sueco lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Delta II (Delta 7320) desde a Base Vandenberg da Forza Aérea, nos Estados Unidos.[1][3]

Características[editar | editar a fonte]

Munin pesaba 6 kg ao lanzamento e consistía nunha estrutura cúbica de 21 cm de lado rodeada de células solares.[8] Foi construído por estudantes con asistencia do Instituto Sueco para a Física Espacial (IRF). Estivo destinado ó estudo das auroras polares, para o cal levaba a bordo un espectrómetro de ións e electróns e un detector de estado sólido para partículas de alta enerxía, así como unha pequena cámara con CCD para fotografar as auroras. O satélite conseguiu datos que eran almacenados na memoria de a bordo, de 2 Mbit de capacidade, para posteriormente envialos á estación terrestre de Kiruna, en Suecia, cada vez que o satélite pasaba sobre ela.[1][3][4]

O último contacto con Munin tivo lugar o 12 de febreiro de 2001. Despois dun reseteo manual da CPU do satélite nunca se recuperou o contacto.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MUNIN" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608). 1 de febreiro de 2001: 6. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  5. Claude Lafleur (2010). "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Munin" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  7. IRF (ed.). "About the Munin Project" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  8. 8,0 8,1 IRF (ed.). "The Munin Nanosatellite" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.