Mundial de Fútbol Uruguai 1930
| Copa do Mundo de Fútbol 1930 Campeonato Mundial de Football 1930 |
||
| Detalles do torneo | ||
| Organizador | ||
| Datas | 13 – 30 de xullo de 1930 | |
| Equipos | 13 (de 13 participantes) | |
| Sedes | 3 (1 cidade) | |
| Resultado | ||
| Campión | ||
| Subcampión | ||
| Terceiro | ||
| Cuarto | ||
| Estatísticas | ||
| Partidos | 18 | |
| Goles | 70 (3,89 por partido) | |
| Asistencia | 434.500 (24.139 por partido) | |
| Goleador | ||
| Mellor xogador | ||
| Mellor porteiro | ||
| Xogo limpo | ||
| Italia 1934 |
||
O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campeonato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Uruguai do 13 ao 30 de xullo. A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu a Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam. Tódolos partidos xogáronse na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.
Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e o custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.
As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.
Índice |
Antecedentes [editar]
Dende a fundación da FIFA en 1904, expúxose a posibilidade de realizar un torneo a nivel mundial; con todo, a recentemente formada organización non contaba cos recursos e a infraestrutura necesaria para semellante evento. Así, pediron apoio ao Comité Olímpico Internacional, o que en 1906 aceptou a inclusión do fútbol nos seus eventos deportivos.
En 1914, a FIFA recoñeceu oficialmente ao torneo disputado nos Xogos Olímpicos como un «campionato mundial de fútbol para amateurs», tomando a responsabilidade de organizar o evento durante o seguintes tres citas Olímpicas: desde 1920 a 1928. Até esa data, a organización do certame de fútbol olímpico estivo a cargo de asociacións nacionais, tales como a Football Association de Inglaterra en 1908 e a Asociación Sueca de Fútbol en 1912.
Tralo paso dalgúns anos, o Congreso da FIFA realizado en 1928 na cidade de Ámsterdam, decidiu a realización finalmente dun torneo especializado, para o cal debería buscarse unha sede. Rapidamente, varios países europeos presentaron a súa candidatura (Italia, Hungría, os Países Baixos, España e Suecia) xunto á de Uruguai. Jules Rimet, presidente da FIFA neses anos estaba a favor da realización no país sudamericano, o cal se atoparía á data do Mundial celebrando o centenario da Xura da Constitución (18 de xullo de 1830) e que obtivera en forma consecutiva a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. Ademais, as feridas da Primeira Guerra Mundial aínda non cicatrizaran completamente no continente europeo, polo que a preferencia pola realización en Uruguai serviría como unha forma de alentar á paz mundial.
O boicot [editar]
Trala adxudicación do torneo a Uruguai, o Comité Organizador repartiu as invitacións para as dezaseis cotas para o torneo. Con todo, o rexeitamento continuo da maioría dos equipos de países do continente europeo foi sorprendente. Estes argumentaron a súa ausencia debido aos altos custos que implicaba a viaxe a través do Océano Atlántico e a forte crise económica que azoutara no último ano. Aínda cando os uruguaios ofreceron liquidar todos os gastos involucrados e compensar aos equipos de fútbol profesional pola ausencia dos seus xogadores, a maioría dos países europeos rexeitaron a invitación.
Só Francia, Bélxica, Iugoslavia e Romanía asistiron á cita en Montevideo. Francia foi practicamente obrigada a asistir debido á presión exercida por Jules Rimet, o cal tamén solicitou axuda persoalmente ao Rei Carlos II de Romanía. O monarca obrigou á participación dos seus xogadores, os cales foron elixidos o azar persoalmente polo rei nunha empresa petroleira romanesa. O seleccionado de Exipto anotouse para o torneo, pero pediu que movesen de data o comezo xa que non chegaban a tempo por culpa da viaxe en barco. Finalmente a FIFA non aceptou o pedido e Exipto non puido participar. No continente americano, Uruguai solicitou a axuda aos seus veciños para organizar o torneo. Aínda cando convidou a todos os países, moitos se negaron a pagar a suma de diñeiro solicitada como apoio á organización. Debido ao rexeitamento dos países europeos principalmente, a Copa debeu reducir o seu número de participantes de 16 a 13.
Equipos participantes [editar]
| Grupo A | Grupo B | Grupo C | Grupo D |
|---|---|---|---|
Sedes [editar]
| Cidade | Estadio | Capacidade |
|---|---|---|
| Montevideo | Estadio Centenario | 65.000 |
| Estadio Gran Parque Central | 20.000 | |
| Estadio Pocitos | 10.000 |
Para o torneo, a intención dos organizadores era que tódolos partidos se disputasen nun só estadio, o Estadio Centenario, construído especialmente para a celebración da Copa Mundial. Con todo, as fortes choivas caídas en Montevideo antes da inauguración do campionato impediron que a súa construción fose finalizada a tempo. Dada esta situación os organizadores víronse obrigados a buscar outros estadios para celebrar neles os primeiros partidos, atopándose dentros destes o estadio Gran Parque Central (propiedade do Club Nacional de Football), escenario onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais. O Estadio Centenario foi oficialmente inaugurado o sexto día de competición e a partir dese momento todos os partidos xogáronse aí.
Resultados [editar]
Os horarios corresponden á hora de Uruguai (UTC-2)
Primeira fase [editar]
Grupo A [editar]
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 10 | 4 | 6 | |
| 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | 2 | |
| 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 | 1 | |
| 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 4 | 13 | -9 |
| Francia | 4 - 1 | México | 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Pocitos, Montevideo Asistencia: 1.000 espectadores Árbitro: Domingo Lombardi (Uruguai) |
| Laurent Langiller Maschinot |
Informe | Carreño |
|
| Arxentina | 1 - 0 | Francia | 15 de xullo de 1930, 16:00 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 3.000 espectadores Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
| Monti |
Informe | ||
| Chile | 3 - 0 | México | 16 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 500 espectadores Árbitro: Henry Christophe (Bélxica) |
| Subiabre Vidal |
Informe | ||
| Chile | 1 - 0 | Francia | 19 de xullo de 1930, 12:50 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 2.000 espectadores Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai) |
| Subiabre |
Informe | ||
| Arxentina | 6 - 3 | México | 19 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 5.000 espectadores Árbitro: Ulises Salcedo (Bolivia) |
| Stábile Zumelzú Varallo |
Informe | Rosas Gayón |
|
| Arxentina | 3 - 1 | Chile | 22 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 1.000 espectadores Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
| Stábile Evaristo |
Informe | Subiabre |
|
Grupo B [editar]
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 1 | 5 | |
| 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 2 | 3 | |
| 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 8 | -8 |
| Iugoslavia | 2 - 1 | Brasil | 14 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 5.000 espectadores Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai) |
| Tirnanić Bek |
Informe | Preguinho |
|
| Iugoslavia | 4 - 0 | Bolivia | 17 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 800 espectadores Árbitro: Francisco Mateucci (Uruguai) |
| Bek Marjanović Vujadinović |
Informe | ||
| Brasil | 4 - 0 | Bolivia | 20 de xullo de 1930, 13:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 1.200 espectadores Árbitro: John Balway (Francia) |
| Moderato Preguinho |
Informe | ||
Grupo C [editar]
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 5 | 0 | |
| 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 5 | |
| 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 4 |
| Romanía | 3 - 1 | Perú | 14 de xullo de 1930, 14:50 – Estadio Pocitos, Montevideo Asistencia: 300¹ espectadores Árbitro: Alberto Warnken (Chile) |
| Deşu Barbu Stanciu |
Informe | Souza |
|
| Uruguai | 1 - 0 | Perú | 18 de xullo de 1930, 14:30 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 70.000 espectadores Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
| Castro |
Informe | ||
| Uruguai | 4 - 0 | Romanía | 21 de xullo de 1930 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 80.000 espectadores Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
| Dorado Scarone Anselmo Pedro Cea |
Informe | ||
- ¹ Cantidade máis baixa de espectadores nun partido da Copa do Mundo da historia.
Grupo D [editar]
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 0 | |
| 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 3 | |
| 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 4 |
| Estados Unidos | 3 - 0 | Bélxica | 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 10.000 espectadores Árbitro: José Macías (Arxentina) |
| McGhee Patenaude |
Informe | ||
| Estados Unidos | 3 - 0 | Paraguai | 17 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 800 espectadores Árbitro: José Macías (Arxentina) |
| Patenaude |
Informe | ||
| Paraguai | 1 - 0 | Bélxica | 20 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 900 espectadores Árbitro: Ricardo Vallarino (Uruguai) |
| Vargas Peña |
Informe | ||
Segunda fase [editar]
| Semifinais | Final | ||||||
| |
6 | ||||||
| |
1 | ||||||
| |
4 | ||||||
| |
2 | ||||||
| |
6 | ||||||
| |
1 | ||||||
Semifinais [editar]
| Arxentina | 6 - 1 | Estados Unidos | 26 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 80.000 espectadores Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
| Monti Scopelli Stábile Peucelle |
Informe | Brown |
|
| Uruguai | 6 - 1 | Iugoslavia | 27 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 93.000 espectadores Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
| Pedro Cea Anselmo Iriarte |
Informe | Sekulić |
|
Terceiro posto [editar]
Iugoslavia negouse a participar no partido polo terceiro lugar como forma de protesta pola arbitraxe no seu partido ante Uruguai, onde se anulara un gol iugoslavo lexítimo. Así, Estados Unidos obtivo o terceiro posto. Con todo, segundo outras fontes o partido polo terceiro posto chegou a celebrarse, con vitoria iugoslava por marcador de 3-1.[1]
Final [editar]
| Uruguai | 4 - 2 | Arxentina | 30 de xullo de 1930, 15:30 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 90.000 espectadores Árbitro: John Langenus (Bélxica) |
| Dorado Pedro Cea Iriarte Castro |
Informe | Peucelle Stábile |
|
| Campión do Mundo |
|---|
Uruguai Primeiro título |
Anécdotas [editar]
O porteiro titular da selección de Uruguai para o Mundial era Andrés Mazzali, campión olímpico coa súa selección en 1924 e 1928, era un atleta tan completo, que ademais era campión sudamericano dos 400 metros valas, e xogaba ao baloncesto no Nacional de Montevideo. Mazzali, ademais, era unha persoa moi popular, foi así que unha noite chegou unha dama loura á concentración e Mazzali non tivo mellor idea que irse con ela; cando os dirixentes decatáronse deste suceso, o arqueiro foi expulsado do equipo, a pesar da negativa dos seus compañeiros, que querían brindarlle outra oportunidade. Así Mazzali, por culpa dunha loura, quedou sen Mundial, e sen a gloria de poder ser campión.
Os dous suramericanos chegaron á final, que foi emocionante e violenta. As dúas seleccións xa se enfrontaron nas finais das Olimpíadas e a Copa América, con repartición de éxitos. Arxentina gañaba 2 a 1 ao descanso, dominando claramente tamén o inicio da segunda parte. Con todo, os uruguaios,axudados por un xogo forte e o pulo do público, remontaron con goles de Iriarte, Cea e Castro. Os uruguaios convertéronse en heroes e aos arxentinos tachóuselles de covardes. Na final rexistrouse outro dato curioso, Arxentina e Uruguai querían xogar coa "súa pelota", polo tanto o árbitro tivo que decidir mediante sorteo con que pelota se xogaría o primeiro tempo, os arxentinos xogaron co seu balón no primeiro período, e logo os uruguaios xogaron co seu para o segundo tempo.
Os xogadores ingresaban ao terreo de xogo cunha chaqueta por riba da súa roupa deportiva co fin de pousar formalmente para a foto. Entr outro datos curiosos atópanse os seguintes. Non se rexistrou ningún empate no torneo. O francés Lucien Laurent entrou na historia como o primeiro anotador dos Mundiais, ocorreu no primeiro encontro ante México no Parque Pocitos, ante uns 1.000 espectadores. O arxentino Guillermo Stábile, alcumado "el filtrador" foi o máximo goleador do certame con 8 tantos. Unha das figuras de Uruguai, era Héctor Castro, que tiña a particularidade de que lle faltaba un brazo, debido a un accidente sufrido cunha serra eléctrica cando tiña 13 anos. A maior parte dos xogadores do equipo de Romanía pertencían a unha petroleira inglesa, o Rei Carlos de Inglaterra tivo que intervir ante a compañía para que deixasen ir aos xogadores ao Mundial. O equipo de Estados Unidos que chegou ás semifinais do torneo, estaba integrado na súa maioría por escoceses.
Estatísticas finais [editar]
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif | Rend | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 8 | 4 | 4 | 0 | 0 | 15 | 3 | +12 | 100% | |
| 2 | 8 | 5 | 4 | 0 | 1 | 18 | 9 | +9 | 80,0% | |
| 3 | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 6 | +1 | 66,6% | |
| 4 | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 7 | 0 | 66,6% | |
| 5 | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | +2 | 66,6% | |
| 6 | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 2 | +3 | 50,0% | |
| 7 | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 | +1 | 33,3% | |
| 8 | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 5 | -2 | 50,0% | |
| 9 | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 3 | -2 | 50,0% | |
| 10 | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 4 | -3 | 0,00% | |
| 11 | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 4 | -4 | 0,00% | |
| 12 | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 8 | -8 | 0,00% | |
| 13 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 4 | 13 | -9 | 0,00% | |
Goleadores [editar]
| Xogador | Selección | Goles |
|---|---|---|
| Guillermo Stábile | 8 | |
| José Pedro Cea | 5 | |
| Guillermo Subiabre | 4 | |
| Bert Patenaude | 4 | |
| Pelegrín Anselmo | 3 | |
| Ivan Beck | 3 | |
| Carlos Peucelle | 3 | |
| Preguinho | 2 | |
| Luis Monti | 2 | |
| Adolfo Zumelzú | 2 | |
| Moderato | 2 | |
| André Maschinot | 2 | |
| Manuel Rosas | 2 | |
| Héctor Castro | 2 | |
| Pablo Dorado | 2 | |
| Santos Iriarte | 2 | |
| Bart McGhee | 2 |
- NOTA: Os datos sobre os partidos e goleadores son en base aos informes da FIFA. Porén, existen certos datos cuestionados por diversas fontes. Considéranse 2 puntos por partido gañado e 1 por partido empatado.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||