Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Grupo F do Copa do Mundo de Fútbol de 2010, realizada en Sudáfrica, estivo composto por catro equipos, que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificáronse á seguinte fase, neste caso Paraguai con cinco puntos e Eslovaquia con catro. A selección de Italia, que vencera na última edición do Mundial, acabou eliminada como última do grupo.
No último Ranking Mundial da FIFA que viu a luz antes da celebración deste mundial (maio de 2010), Italia ocupaba o quinto posto, Paraguai o trinta e un, Eslovaquia o trinta e catro, e Nova Zelandia o setenta e oito. A media do grupo correspondía ao lugar número trinta e sete, con exclusión do máis baixo ranking (Nova Zelandia), o rango medio era de vinte e tres.[1] O equipo que ocupou o primeiro lugar deste grupo, Paraguai, enfrontouse contra o segundo do grupo E, Xapón. O segundo lugar do grupo, Eslovaquia, enfrontouse contra o primeiro do grupo E, Países Baixos.
Participantes[editar]
O Grupo F estivo composto polas seguintes seleccións:[2]
Clasificación[editar]
A fase de grupos constou de seis partidos, cun total de tres partidos xogados por cada selección. Segundo o sistema de competición da FIFA, cada equipo acumulaba unha puntuación en función dos seus resultados: 3 puntos por vitoria (até 1994 eran só 2), 1 por empate, 0 por derrota. De acordo coa mesma, o catro equipos foron ordenados en forma descendente. No caso de que houbese dous ou máis con igual cantidade de puntos, os criterios de desempate foron os seguintes:
- Maior diferenza de goles.
- Maior número de goles anotados.
- Maior número de puntos obtidos nos partidos disputados entre os equipos empatados.
- Maior diferencia de goles nos partidos disputados entre os equipos empatados.
- Maior número de goles anotados nos partidos disputados entre os equipos empatados.
- Sorteo do comité organizador.
Italia - Paraguai[editar]
Nova Zelandia - Eslovaquia[editar]
Eslovaquia - Paraguai[editar]
Italia - Nova Zelandia[editar]
Eslovaquia - Italia[editar]
Paraguai - Nova Zelandia[editar]
-
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|
|
!ke e:

ǀxarra ǁke
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|