Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010
| Copa Mundial da FIFA 2010™ FIFA World Cup South Africa 2010™ |
||
| Detalles do torneo | ||
| Organizador | ||
| Datas | 11 de xuño – 11 de xullo | |
| Equipos | 32 (de 204 participantes) | |
| Sedes | 10 (de 9 cidades) | |
| Resultado | ||
| Campión | ||
| Subcampión | ||
| Terceiro | ||
| Cuarto | ||
| Estatísticas | ||
| Partidos | 64 (16 de fase final) | |
| Goles | 145 (2,27 por partido) | |
| Asistencia | 3.178.856 (49.670 por partido) | |
| Goleador | (5 goles cada un) |
|
| Mellor xogador | ||
| Mellor porteiro | ||
| Xogo limpo | ||
| ◄◄ |
||
A Copa Mundial da FIFA Sudáfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.
Esta edición foi a primeira vez que se celebrou nunha nación africana, despois de que Sudáfrica vencese a Marrocos e a Exipto no proceso de elección. Esta decisión fai que a única confederación que aínda non acolleu esta competición sexa Oceanía. O sorteo para a fase final do torneo tivo lugar en Capetón o 4 de decembro de 2009.
España proclamouse campioa do mundo por primeira vez na historia, nunha disputada final contra os Países Baixos na que gañou 0-1 cun gol de Andrés Iniesta a cinco minutos do final da segunda parte da prórroga. A selección anfitrioa, Sudáfrica, ademais dos anteriores campión e subcampión, Italia e Francia, foron eliminados na fase de grupos, sendo a primeira vez que isto ocorre. As selección de Arxentina, Brasil e Alemaña abandonaron posteriormente o torneo nas roldas eliminatorias. Cómpre destacar que a selección de Nova Zelandia foi a única selección que non perdeu ningún partido en todo o torneo, xa que conseguiu empatar nos seus tres encontros da fase de grupos.
Índice |
Antecedentes e elección [editar]
Dende os anos 1980 comezou a medrar a idea da realización dun torneo en África en resposta ao crecemento e desenvolvemento do fútbol no devandito continente e que se reflectía no progreso das seleccións do mesmo en diversos torneos internacionais. Até a edición de 2002, disputada en Asia, Europa e América organizaran exclusivamente o torneo desde a súa creación en 1930.
Para a elección da sede da Copa Mundial de Fútbol de 1994, Marrocos estivo a tres votos de derrotar aos Estados Unidos, e posteriormente volveu presentar candidaturas para as Copas de 1998 e 2006, sen lograr resultados exitosos. Nesta última elección, Sudáfrica presentou a súa candidatura co respaldo do presidente da FIFA, Joseph Blatter, pero os esforzos foron en balde: Alemaña adxudicouse o evento nunha rifada e polémica votación por un voto de diferenza. Trala derrota sudafricana, os dirixentes da FIFA decidiron establecer un criterio de "rotación continental" que permitise asegurar que o certame seguinte sería xogado en África, un dos grandes continentes que non albergara o evento. A FIFA permitiu soamente candidaturas africanas e seis países manifestaron as súas intencións.
Xunto a Sudáfrica e Marrocos, candidatas en eleccións anteriores, presentáronse Exipto, Libia, Nixeria e Tunisia. Nixeria abandonou a carreira nun comezo sen presentar a súa candidatura oficialmente ante a FIFA. Libia, doutra banda, anunciou que en caso de ser elixida non permitiría que Israel puidese participar no torneo, quedando descualificada;[1] a pesar diso, persistiu coa súa candidatura até a presentación final. A FIFA desestimou a posibilidade de realizar un mundial en conxunto entre dúas nacións, polo que Tunisia, que pensaba nunha asociación cos libios, retirouse días antes da votación.[2]
Así, tres candidaturas quedaron con posibilidades reais, con todo, a pelexa era principalmente entre Sudáfrica e Marrocos. Os marroquís presentábanse como unha ponte entre Occidente e o mundo musulmán, e unha alternativa próxima a Europa, mentres os surafricanos baseaban a súa postulación no seu desenvolvemento económico e experiencia en realización de eventos deportivos (como a Copa Mundial de Rugby e de críquet). O 15 de maio de 2004 realizouse a elección na cidade suíza de Zúric. Marrocos contou co apoio de Bélxica, España, Francia, Qatar, Tailandia, Turquía e os catro votos da Confederación Africana de Fútbol, mais ese dez votos foron insuficientes para contrarrestar o catorce votos dos outros representantes latinoamericanos que votaron por Sudáfrica; Exipto non recibiu ningunha preferencia. A vitoria sudafricana viuse selada con Nelson Mandela, principal figura da candidatura, levantando o trofeo da Copa Mundial.[3]
| Resultados da votación | |
|---|---|
| País | Votos |
| 14 | |
| 10 | |
| 0 | |
República de Tunisia retirouse o 4 de maio de 2008 despois de facer unha oferta conxunta que non se permitiu
Gran República Árabe Libia Popular e Socialista rexeitouse a candidatura por non cumprir os requirimentos e a oferta conxunta non se permitiu
Clasificación [editar]
Como país organizador, Sudáfrica clasificouse automaticamente ao torneo. Con todo, participou de igual xeito nas eliminatorias para o mundial debido a que estas eliminatorias tamén serven como rolda de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2010 de Angola. Por isto, foron a primeira selección organizadora dende o Mundial de 1934 que toma parte desta fase da competición.
Ao igual que pasou na Copa do Mundo de 2006 os campións do anterior mundial non se clasificaron directamente, polo que Italia tivo que xogar a rolda previa. O sorteo para decidir as eliminatorias de clasificación para o Mundial 2010 foi realizado o 25 de novembro de 2007 en Durban, Sudáfrica.
Lista de participantes [editar]
As seguintes 32 seleccións clasificáronse para a fase final.
|
|
|
Esta é a primeira Copa do Mundo na que non participa ningún equipo que non se teña xa clasificado para edicións anteriores, xa que as dúas novas seleccións de Eslovaquia e Serbia xa se clasificaran formando parte de Estados desaparecidos. No caso de Eslovaquia fixérao competindo como parte da selección de Checoslovaquia, e no caso de Serbia como parte de Iugoslavia e posteriormente de Serbia e Montenegro. En ámbolos casos a FIFA considera que as seleccións manteñen os rexistros das súas predecesoras.
Porén, houbo algunhas controversias na clasificación, as que envolveron aos partidos xogados entre as seleccións de Francia e de Irlanda, de Costa Rica e Uruguai e de Exipto e Alxeria en novembro de 2009. No segundo encontro da eliminatoria ente Francia e Irlanda, o capitán da selección francesa Thierry Henry, non visto polo colexiado, golpeou o balón ilegalmente coa man dando ao seu equipo o gol da vitoria que clasificaba aos bleus ao mundial. Este incidente provocou un amplo debate sobre como ao partidos de alto nivel debían ser arbitrados. A FIFA rexeitou a petición da Federación Irlandesa de repetir o encontro,[4] así como a petición de incluír aos irlandeses como equipo número 33 do mundial.[5] No caso de América, a selección de Costa Rica queixouse polo da vitoria de Uruguai nesta eliminatoria definitiva para o mundial,[6] mentres o encontro entre Exipto e Alxeria estivo rodeado por informes sobre problemas cos seareiros.
En resposta a todos estes incidentes durante a clasificación, e como arranxo á controversia, o 2 de decembro de 2009 a FIFA convocou unha xunta xeral extraordinaria do seu Comité Executivos. Despois da reunión, a FIFA anunciou o comezo dunha investigación sobre a aplicación da tecnoloxía e novos asistentes durante os encontros, mais non falaron sobre a esperada introdución dos xuíces de gol que xa se usaran durante os encontros de Europa League, reiterando que no Mundial só haberá un arbitro principal cos seus dous asistentes e un cuarto árbitro como é habitual.[7]
Organización [editar]
Trala elección do país como sede, comezaron os preparativos para a organización do evento. Os principais investimentos, cubertas principalmente polo superávit impositivo, corresponden á infraestrutura tanto deportiva como de transporte e a redución das cifras de criminalidade. Así, máis de 8.400 millóns de rand (aproximadamente 1.100 millóns de dólares) foron destinados orixinalmente á remodelación e construción dos estadios, cuxas obras se iniciarían durante xaneiro de 2007 trala demolición de antigos recintos. A cifra, con todo, era equivalente a 3,5 veces o orzado durante a presentación da candidatura.[8] Adicionalmente, o goberno anunciou que a policía nacional contaría para 2010 con 10.000 efectivos máis que nesa data.
Co paso dos meses, o desenvolvemento dos preparativos foi posto en cuestión e comezaron a xurdir rumores sobre un posible traslado da sede do torneo debido aos atrasos existentes.[9] Franz Beckenbauer, presidente do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 2006 manifestou publicamente a súa preocupación polo estado de avance das obras.[10] Con todo, a FIFA ratificou que a sede non sería cambiada e que só se avaliaría aquilo ante un desastre natural de gran magnitude. Con todo, o 29 de xuño de 2008 o presidente da FIFA dixo ter un "Plan B" listo no caso de que o país africano tivese problemas na organización, aínda que ratificou a Sudáfrica como sede para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.[11] Días despois, especuláronse os nomes de posibles organizadores no caso de que Sudáfrica non puidese ser anfitrioa do mundial do 2010, Australia, España e Estados Unidos soaron bastante forte, debido a que o Estadio Nelson Mandela Bay de Port Elizabeth non estaría a tempo para a Copa FIFA Confederacións 2009.[12] O 17 de xullo apareceu en distintos medios de comunicación que Brasil podía adiantar a súa sede en 2014 e realizar o mundial en 2010 e Sudáfrica pasaría a organizar o mundial no 2014.[13]
En calquera caso, o Mundial finalmente celebrarase en Sudáfrica como estaba previsto, tal e como asegurou Joseph Blatter o 15 de decembro de 2008. Non só confirmou que o campionato se celebraría alí e que se descartou de maneira oficial calquera alternativa, senón que expresou publicamente a satisfacción que lle produce que se celebre este torneo por primeira vez en África.[14]
Sedes [editar]
En 2005, os organizadores do evento anunciaron unha lista previa de trece sedes para o evento: Xohanesburgo e Pretoria presentaron dúas, mentres que Bloemfontein, Capetón, Durban, Kimberley, Nelspruit, Orkney, Polokwane, Port Elizabeth e Rustenburg, unha. A lista foi reducida ás dez sedes definitivas, sendo anunciada pola FIFA o 10 de marzo de 2006. Cinco estadios, incluíndo o Soccer City (sede do partido de apertura e clausura) serían remodelados, dous estadios serían demolidos e reconstruídos, mentres o tres restantes serían estadios totalmente novos.
| Xohanesburgo | Durban | Cidade do Cabo | Xohanesburgo | Pretoria |
|---|---|---|---|---|
| Soccer City | Estadio Moses Mabhida | Cape Town Stadium | Ellis Park | Loftus Versfeld |
| Capacidade: 91.141 | Capacidade: 70.000 | Capacidade: 69.070 | Capacidade: 62.567 | Capacidade: 51.760 |
| Port Elizabeth | Bloemfontein | Polokwane | Rustenburg | Nelspruit |
| Estadio Nelson Mandela Bay | Estadio Free State | Estadio Peter Mokaba | Estadio Royal Bafokeng | Estadio Mbombela |
| Capacidade: 48.000 | Capacidade: 48.000 | Capacidade: 46.000 | Capacidade: 44.530 | Capacidade: 43.589 |
Mapa das sedes [editar]
Símbolos [editar]
Zakumi [editar]
Zakumi é a mascota oficial deste mundial (creada o 16 de xuño de 1994). É un leopardo antropomórfico co cabelo verde, e o seu nome ven de "ZA", a abreviatura internacional para Sudáfrica, e "kumi", unha palabra que significa dez en varias linguas africanas.[15] Ademais as cores da mascota reflicten as cores da camiseta de Sudáfrica (amarelo e verde) e as manchas teñen a forma do clásico pentágono dos balóns de fútbol.
A data de creación de Zakumi coincidiu cun día coñecido e celebrado como o Día da Xuventude en Sudáfrica e o ano 1994 marca as primeiras eleccións non raciais nacionais en Sudáfrica. A mascota fixo dezaseis anos o ano da celebración do mundial. O lema oficial de Zakumi é: "O xogo de Zakumi é o Fair Play". O lema foi amosado nos carteis publicitarios dixitais durante a Copa FIFA Confederacións 2009, e tamén durante a propia Copa do Mundo.
Jabulani [editar]
O balón oficial con que se xogará o campionato será o modelo Jabulani, fabricado pola marca Adidas.[16] O Jabulani (que significa "celebrar" en zulú), deseñado pola Universidade de Loughborough do Reino Unido, ten once cores que representan os once xogadores de cada equipo, os once idiomas oficiais de Sudáfrica e as once comunidades surafricanas que darán a benvida ao mundo do primeiro Mundial de fútbol que ten lugar en África.[17] Unha "versión dourada" deste balón, chamado Jo'bulani, será o utilizado na final da copa do mundo.[18]
Vuvuzela [editar]
- Artigo principal: Vuvuzela.
Unha vuvuzela é unha clase de trompeta longa utilizada sobre todo no fútbol surafricano para animar aos equipos ao longo de todo o partido. Adoita estar feita de plástico e o son que emite, moi forte, pode lembrar o dun elefante ou, se hai moitas á vez, un enxame de abellas. As vuvuzelas empezaron a ser coñecidas en calquera parte do mundo a partir da Copa Confederacións 2009, disputada en Sudáfrica e, especialmente, dende o mundial de fútbol de 2010. Numerosos seareiros sopran vuvuzelas durante a integridade de todos os partidos que se disputan, un feito que provocou as queixas de xogadores, adestradores, comentaristas de radio e televisión e espectadores. Con todo, a FIFA móstrase contraria a prohibilas ao considerar que son un elemento inseparable da cultura futbolística surafricana.
Polbo Paul [editar]
- Artigo principal: Polbo Paul.
Unha curiosidade deste mundial foron os dotes de adiviñación que se lle atribuíron a un polbo chamado Paul. Coñéceselle por prognosticar os resultados dos partidos nos que xogou Alemaña, na Eurocopa 2008 e o Mundial de Sudáfrica 2010, no que soamente se equivocou nun dos resultados. Debido ao gran interese mediático, fixeron que Paul prognosticase o resultado da final do Mundial 2010 aínda que non xogase a selección alemá, prognosticando a derrota da laranxa mecánica ante España, e este, pois, acertou.
Antes de cada partido internacional da selección alemá, a Paul presentáronselle dous colectores idénticos con comida: un deles estaba marcado coa bandeira de Alemaña e o outro coa bandeira do equipo opoñente. A elección de Paul interpretábase co equipo que logrará a vitoria. Desta forma, Paul escolleu correctamente catro do seis partidos que xogou Alemaña na Eurocopa 2008 e no primeiros seis partidos na Copa Mundial de Fútbol de 2010.Tamén predixo que España vencería a Alemaña na semifinal e acertou.[19][20] O fenómeno mediático protagonizado por Paul fixo que moitos medios de comunicación considerasen que superou en popularidade á mascota oficial do campionato, o leopardo Zakumi.
Grupos [editar]
A Comisión Organizadora da FIFA aprobou o procedemento para o sorteo final o 2 de decembro de 2009. O sistema estaba baseado no décimo ranking mundial de seleccións FIFA, sendo sete selección elixidas como cabezas de serie máis Sudáfrica por ser a organizadora. O comité tamén aprobou a composición dos outros grupos para o sorteo, así como o procedemento para o sorteo final. Finalmente o grupo dous para o sorteo estaba composto por equipos de Asia, Oceanía e América do Norte, o tres cos equipos de África e América do Sur e o catro cos restantes de Europa.
| Grupo para o sorteo 1 | Grupo para o sorteo 2 | Grupo para o sorteo 3 | Grupo para o sorteo 4 |
|---|---|---|---|
|
|
|
|
|
| Grupo A | Grupo B | Grupo C | Grupo D |
|---|---|---|---|
| Grupo E | Grupo F | Grupo G | Grupo H |
|---|---|---|---|
Calendario [editar]
Primeira fase [editar]
Grupo A [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo A.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 0 | +4 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 | +1 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 5 | -2 | |
| 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 | -3 |
| Sudáfrica | 1 - 1 | México | 11 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.490 espectadores Árbitro: Ravshan Irmatov (Usbequistán) |
| Tshabalala |
Informe | Márquez |
|
| Uruguai | 0 - 0 | Francia | 11 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 64.100 espectadores Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
| Informe | |||
| Sudáfrica | 0 - 3 | Uruguai | 16 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 42.658 espectadores Árbitro: Massimo Busacca (Suíza) |
| Informe | Forlán Pereira |
||
| Francia | 0 - 2 | México | 17 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 35.370 espectadores Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudí) |
| Informe | Hernández Blanco |
||
| México | 0 - 1 | Uruguai | 22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 33.425 espectadores Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
| Informe | Suárez |
||
| Francia | 1 - 2 | Sudáfrica | 22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 39.415 espectadores Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia) |
| Malouda |
Informe | Khumalo Mphela |
|
Grupo B [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo B.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 7 | 1 | +6 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 6 | -1 | |
| 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 5 | -3 | |
| 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 3 | 5 | -2 |
| Corea do Sur | 2 - 0 | Grecia | 12 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 31.513 espectadores Árbitro: Michael Hester (Nova Celandia) |
| Lee Jung-Soo |
Informe | ||
| Arxentina | 1 - 0 | Nixeria | 12 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 55.686 espectadores Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
| Heinze |
Informe | ||
| Arxentina | 4 - 1 | Corea do Sur | 17 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 82.174 espectadores Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica) |
| Park Chu-Young Higuaín |
Informe | Lee Chung-Yong |
|
| Grecia | 2 - 1 | Nixeria | 17 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 31.593 espectadores Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia) |
| Salpigidis Torosidis |
Informe | Uche |
|
| Nixeria | 2 - 2 | Corea do Sur | 22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 61.874 espectadores Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal) |
| Uche Yakubu |
Informe | Lee Jung-Soo Park Chu-Young |
|
| Grecia | 0 - 2 | Arxentina | 22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 38.891 espectadores Árbitro: Ravshan Irmatov (Usbequistán) |
| Informe | Demichelis Palermo |
||
Grupo C [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo C.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 4 | 3 | +1 | |
| 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 2 | 1 | +1 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 | |
| 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 2 | -2 |
| Inglaterra | 1 - 1 | Estados Unidos | 12 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 38.646 espectadores Árbitro: Carlos Simon (Brasil) |
| Gerrard |
Informe | Dempsey |
|
| Alxeria | 0 - 1 | Eslovenia | 13 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 30.325 espectadores Árbitro: Carlos Batres (Guatemala) |
| Informe | Koren |
||
| Eslovenia | 2 - 2 | Estados Unidos | 18 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 45.573 espectadores Árbitro: Koman Coulibaly (Mali) |
| Birsa Ljubijankič |
Informe | Donovan Bradley |
|
| Inglaterra | 0 - 0 | Alxeria | 18 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 64.100 espectadores Árbitro: Ravshan Irmatov (Usbequistán) |
| Informe | |||
| Eslovenia | 0 - 1 | Inglaterra | 23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 36.893 espectadores Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
| Informe | Defoe |
||
| Estados Unidos | 1 - 0 | Alxeria | 23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 35.827 espectadores Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica) |
| Donovan |
Informe | ||
Grupo D [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo D.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 1 | +4 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 6 | -3 | |
| 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 3 | -1 |
| Serbia | 0 - 1 | Gana | 13 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 38.833 espectadores Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) |
| Informe | Gyan |
||
| Alemaña | 4 - 0 | Australia | 13 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.660 espectadores Árbitro: Marco Rodríguez (México) |
| Podolski Klose Müller Cacau |
Informe | ||
| Alemaña | 0 - 1 | Serbia | 18 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 38.294 espectadores Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España) |
| Informe | Jovanović |
||
| Gana | 1 - 1 | Australia | 19 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 34.812 espectadores Árbitro: Roberto Rosetti (Italia) |
| Gyan |
Informe | Holman |
|
| Gana | 0 - 1 | Alemaña | 23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 83.391 espectadores Árbitro: Carlos Eugênio Simon (Brasil) |
| Informe | Özil |
||
| Australia | 2 - 1 | Serbia | 23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 37.836 espectadores Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai) |
| Cahill Holman |
Informe | Pantelić |
|
Grupo E [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo E.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 5 | 1 | +4 | |
| 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 2 | +2 | |
| 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 6 | -3 | |
| 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 5 | -3 |
| Países Baixos | 2 - 0 | Dinamarca | 14 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 83.465 espectadores Árbitro: Stephane Lannoy (Francia) |
| Poulsen Kuyt |
Informe | ||
| Xapón | 1 - 0 | Camerún | 14 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 30.620 espectadores Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal) |
| Honda |
Informe | ||
| Países Baixos | 1 - 0 | Xapón | 19 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.010 espectadores Árbitro: Hector Baldassi (Arxentina) |
| Sneijder |
Informe | ||
| Camerún | 1 - 2 | Dinamarca | 19 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 38.704 espectadores Árbitro: Jorge Larrionda (Dinamarca) |
| Eto'o |
Informe | Bendtner Rommedahl |
|
| Dinamarca | 1 - 3 | Xapón | 24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 27.967 espectadores Árbitro: Jerome Damon (Sudáfrica) |
| Tomasson |
Informe | Honda Endō Okazaki |
|
| Camerún | 1 - 2 | Países Baixos | 24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 63.093 espectadores Árbitro: Pablo Pozo (Chile) |
| Eto'o |
Informe | van Persie Huntelaar |
|
Grupo F [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo F.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 3 | 1 | +2 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 5 | -1 | |
| 3 | 3 | 0 | 3 | 0 | 2 | 2 | 0 | |
| 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 4 | 5 | -1 |
| Italia | 1 - 1 | Paraguai | 14 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 62.869 espectadores Árbitro: Benito Archundia (México) |
| De Rossi |
Informe | Alcaraz |
|
| Nova Zelandia | 1 - 1 | Eslovaquia | 15 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 23.871 espectadores Árbitro: Jerome Damon (Sudáfrica) |
| Reid |
Informe | Vittek |
|
| Eslovaquia | 0 - 2 | Paraguai | 20 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 26.643 espectadores Árbitro: Eddy Maillet (Seixeles) |
| Informe | Vera Riveros |
||
| Italia | 1 - 1 | Nova Zelandia | 20 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 38.229 espectadores Árbitro: Carlos Batres (Guatemala) |
| Iaquinta |
Informe | Smeltz |
|
| Eslovaquia | 3 - 2 | Italia | 24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 53.412 espectadores Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
| Vittek Kopúnek |
Informe | Di Natale Quagliarella |
|
| Paraguai | 0 - 0 | Nova Zelandia | 24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane Asistencia: 34.850 espectadores Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
| Informe | |||
Grupo G [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo G.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 2 | +3 | |
| 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 7 | 0 | +7 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 3 | +1 | |
| 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 12 | -11 |
| Costa do Marfil | 0 - 0 | Portugal | 15 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 37.034 espectadores Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai) |
| Informe | |||
| Brasil | 2 - 1 | Corea do Norte | 15 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 37.034 espectadores Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
| Maicon Elano |
Informe | Ji Yun-Nam |
|
| Brasil | 3 - 1 | Costa do Marfil | 20 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.455 espectadores Árbitro: Stephane Lannoy (Francia) |
| Luís Fabiano Elano |
Informe | Drogba |
|
| Portugal | 7 - 0 | Corea do Norte | 21 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 63.644 espectadores Árbitro: Pablo Pozo (Chile) |
| Meireles Simão Almeida Tiago Liédson Ronaldo |
Informe | ||
| Portugal | 0 - 0 | Brasil | 25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.712 espectadores Árbitro: Benito Archundia (México) |
| Informe | |||
| Corea do Norte | 0 - 3 | Costa do Marfil | 25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 34.763 espectadores Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España) |
| Informe | Y. Touré Romaric Kalou |
||
Grupo H [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo H.
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 2 | +2 | |
| 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 3 | 2 | +1 | |
| 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 0 | |
| 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 3 | -3 |
| Honduras | 0 - 1 | Chile | 16 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit Asistencia: 32.664 espectadores Árbitro: Eddy Maillet (Seixeles) |
| Informe | Beausejour |
||
| España | 0 - 1 | Suíza | 16 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 62.453 espectadores Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
| Informe | Fernandes |
||
| Chile | 1 - 0 | Suíza | 21 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 34.872 espectadores Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudí) |
| González |
Informe | ||
| España | 2 - 0 | Honduras | 21 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 54.386 espectadores Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
| Villa |
Informe | ||
| Chile | 1 - 2 | España | 25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 41.958 espectadores Árbitro: Marco Rodríguez (México) |
| Millar |
Informe | Villa Iniesta |
|
| Suíza | 0 - 0 | Honduras | 25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 28.042 espectadores Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) |
| Informe | |||
Segunda fase [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Fase final.
| Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
| Port Elizabeth, 26 de xuño | ||||||||||||||
| |
2 | |||||||||||||
| Xohanesburgo, 2 de xullo | ||||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| Rustenburg, 26 de xuño | ||||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| Capetón, 6 de xullo | ||||||||||||||
| |
2 | |||||||||||||
| |
2 | |||||||||||||
| Durban, 28 de xuño | ||||||||||||||
| |
3 | |||||||||||||
| |
2 | |||||||||||||
| Port Elizabeth, 2 de xullo | ||||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
2 | |||||||||||||
| Xohanesburgo, 28 de xuño | ||||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
3 | |||||||||||||
| Xohanesburgo, 11 de xullo | ||||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| Xohanesburgo, 27 de xuño | ||||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
3 | |||||||||||||
| Capetón, 3 de xullo | ||||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| Bloemfontein, 27 de xuño | ||||||||||||||
| |
4 | |||||||||||||
| |
4 | |||||||||||||
| Durban, 7 de xullo | ||||||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| Pretoria, 29 de xuño | ||||||||||||||
| |
1 | Terceiro posto | ||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| Xohanesburgo, 3 de xullo | Port Elizabeth, 10 de xullo | |||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
| |
0 | |
2 | |||||||||||
| Capetón, 29 de xuño | ||||||||||||||
| |
1 | |
3 | |||||||||||
| |
1 | |||||||||||||
| |
0 | |||||||||||||
Oitavos de final [editar]
| Uruguai | 2 - 1 | Corea do Sur | 26 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 30.597 espectadores Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) |
| Suárez |
Informe | Lee C-Y |
|
| Estados Unidos | 1 - 2 | Gana | 26 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg Asistencia: 34.976 espectadores Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
| Donovan |
Informe | K. Boateng Gyan |
|
| Alemaña | 4 - 1 | Inglaterra | 27 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein Asistencia: 32.652 espectadores Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai) |
| Klose Podolski Müller |
Informe | Upson |
|
| Arxentina | 3 - 1 | México | 27 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.377 espectadores Árbitro: Roberto Rosetti (Italia) |
| Tévez Higuaín |
Informe | Hernández |
|
| Países Baixos | 2 - 1 | Eslovaquia | 28 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 61.962 espectadores Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España) |
| Robben Sneijder |
Informe | Vittek |
|
| Brasil | 3 - 0 | Chile | 28 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 54.096 espectadores Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
| Juan Luís Fabiano Robinho |
Informe | ||
| Paraguai | 0 - 0 (Penaltis 5 - 3) |
Xapón | 29 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria Asistencia: 36.742 espectadores Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica) |
| Barreto Barrios Riveros Valdez Cardozo |
Informe | ||
| España | 1 - 0 | Portugal | 29 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 62.955 espectadores Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) |
| Villa |
Informe | ||
Cuartos de final [editar]
| Países Baixos | 2 - 1 | Brasil | 2 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 40.186 espectadores Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
| Melo Sneijder |
Informe | Robinho |
|
| Uruguai | 1 - 1 (Penaltis 4 - 2) |
Gana | 2 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.017 espectadores Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal) |
| Forlán Forlán Victorino Scotti Pereira Abreu |
Informe | Muntari |
|
| Arxentina | 0 - 4 | Alemaña | 3 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 64.100 espectadores Árbitro: Ravshan Irmatov (Usbequistán) |
| Informe | Müller Klose Friedrich |
||
| Paraguai | 0 - 1 | España | 3 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo Asistencia: 55.359 espectadores Árbitro: Carlos Batres (Guatemala) |
| Informe | Villa |
||
Semifinais [editar]
| Uruguai | 2 - 3 | Países Baixos | 6 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo Asistencia: 62.479 espectadores Árbitro: Ravshan Irmatov (Usbequistán) |
| Forlán M. Pereira |
Informe | Van Bronckhorst Sneijder Robben |
|
| Alemaña | 0 - 1 | España | 7 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban Asistencia: 60.960 espectadores Árbitro: Viktor Kassai (Hungría) |
| Informe | Puyol |
||
Terceiro posto [editar]
| Uruguai | 2 - 3 | Alemaña | 10 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Port Elizabeth Asistencia: 36.254 espectadores Árbitro: Benito Archundia (México) |
| Cavani Forlán |
Informe | Müller Jansen Khedira |
|
Final [editar]
- Artigo principal: Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Final.
A Final do Mundial de Fútbol de Sudáfrica 2010 disputouse o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu inusual número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.[21]
Ambos equipos participantes, Países Baixos e España, competían por acadar o seu primeiro título de Campión do Mundo, xa que a selección neerlandesa xogara anteriormente sen éxito as finais de 1974 e 1978 e a española nunca conseguira chegar a unha, sendo o seu mellor posto até ese intre o cuarto acadado no mundial de Brasil 1950 the Netherlands and Spain were attempting to win their first FIFA World Cup. Esta final foi a segunda consecutiva que enfrontaba a equipos europeos e a primeira vez que un equipo dese continente a gañaba fóra do mesmo.
| Países Baixos | 0 - 1 | España | 11 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo Asistencia: 84.490 espectadores Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
| Informe | Iniesta |
||
Premios e recoñecementos [editar]
Bota de Ouro [editar]
Para a designación do gañador da bota de ouro, tomáronse en conta en primeira instancia os goles (GF), seguido polas asistencias de goles realizadas (AST) e finalmente a menor cantidade de minutos xogados (MIN).[22].
| Xogador | Selección | GF | AST | MIN |
|---|---|---|---|---|
| 5 | 3 | 473' | ||
| 5 | 1 | 635' | ||
| 5 | 1 | 652' | ||
| Diego Forlán | 5 | 1 | 654' | |
| Gonzalo Higuaín | 4 | 0 | 341' | |
| Róbert Vittek | 4 | 0 | 353' | |
| Miroslav Klose | 4 | 0 | 357' | |
| Luis Suárez | 3 | 2 | 543' | |
| Landon Donovan | 3 | 0 | 390' | |
| Luís Fabiano | 3 | 0 | 418' | |
| Asamoah Gyan | 3 | 0 | 501' |
Balón de ouro [editar]
O balón de ouro, que distingue ao mellor xogador de cada Copa Mundial, foille outorgado ao dianteiro uruguaio Diego Forlán, quen marcou cinco goles no torneo. Recibiu 23,4% dos votos das persoas acreditadas para este mundial, deixando atrás ao centrocampista neerlandés Wesley Sneijder e ao español David Villa.
| Xogador | Selección | Votos |
|---|---|---|
| 23,4% | ||
| 21,8% | ||
| 16,9% | ||
| Asamoah Gyan | ||
| Andrés Iniesta | ||
| Lionel Messi | ||
| Mesut Özil | ||
| Arjen Robben | ||
| Bastian Schweinsteiger | ||
| Xavi Hernández |
Equipo das estrelas [editar]
A FIFA divulgou o equipo ideal do torneo, o cal foi escollido mediante votación polos membros do club en FIFA.com.[23]
| Porteiros | Defensas | Centrocampistas | Dianteiros |
|---|---|---|---|
|
|
Outros premios [editar]
- Premio luva de ouro ao mellor porteiro:
Iker Casillas - Premio ao mellor xogador do partido final:
Andrés Iniesta - Mellor xogador menor de vinte e un anos:
Thomas Müller - Premio ao xogo limpo:
España
Estatísticas [editar]
| Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif | Rend | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 8 | 2 | 6 | 85,7% | |
| 2 | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 12 | 6 | 6 | 85,7% | |
| 3 | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 16 | 5 | 11 | 71,4% | |
| 4 | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 11 | 8 | 3 | 52,4% | |
| 5 | 12 | 5 | 4 | 0 | 1 | 10 | 6 | 4 | 80,0% | |
| 6 | 10 | 5 | 3 | 1 | 1 | 9 | 4 | 5 | 66,7% | |
| 7 | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 5 | 4 | 1 | 53,3% | |
| 8 | 6 | 5 | 1 | 3 | 1 | 3 | 2 | 1 | 40,0% | |
| 9 | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 4 | 2 | 2 | 58,3% | |
| 10 | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 3 | 5 | -2 | 50,0% | |
| 11 | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 7 | 1 | 6 | 41,7% | |
| 12 | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 5 | 0 | 41,7% | |
| 13 | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 3 | 5 | -2 | 41,7% | |
| 14 | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 4 | 5 | -1 | 33,3% | |
| 15 | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 6 | 8 | -2 | 33,3% | |
| 16 | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 7 | -2 | 33,3% | |
| 17 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 3 | 1 | 44,4% | |
| 18 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 | 44,4% | |
| 19 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 0 | 44,4% | |
| 20 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 5 | -2 | 44,4% | |
| 21 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 6 | -3 | 44,4% | |
| 22 | 3 | 3 | 0 | 3 | 0 | 2 | 2 | 0 | 33,3% | |
| 23 | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 3 | -1 | 33,3% | |
| 24 | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 6 | -3 | 33,3% | |
| 25 | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 5 | -3 | 33,3% | |
| 26 | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 4 | 5 | -1 | 22,2% | |
| 27 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 3 | 5 | -2 | 11,1% | |
| 28 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 2 | -2 | 11,1% | |
| 29 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 | -3 | 11,1% | |
| 30 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 3 | -3 | 11,1% | |
| 31 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 5 | -3 | 0,0% | |
| 32 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 12 | -11 | 0,0% | |
Notas [editar]
- ↑ Libya: Israel not welcome
- ↑ Sudáfrica e Marrocos disputan sede mundial 2010
- ↑ Sudáfrica albergará o Mundial de fútbol 2010
- ↑ FIFA statement on FAI request
- ↑ Blatter apologises over comments
- ↑ Blatter: we need goal line officials at World Cup
- ↑ FIFA reject extra referees proposal
- ↑ SA faces R8.4bn stadium bill
- ↑ Doubt over South Africa 2010
- ↑ Beckenbauer issues 2010 warning
- ↑ A FIFA ten un "Plan B" para Sudáfrica 2010
- ↑ Australia pode relevar a Surafrica
- ↑ SA will host 2010 World Cup, says Blatter
- ↑ Sudáfrica será a sede do Mundial, non hai plan B
- ↑ A nova mascota do mundial
- ↑ "Jabulani", presentado en sociedade
- ↑ Adidas "Jabulani" Official Match Ball of the 2010 FIFA World Cup
- ↑ O Jo'bulani será o balón da final do Mundial
- ↑ Mundial Sudáfrica 2010: 10 cousas que non sabías do polbo Paul
- ↑ Paul predicts Germany loss against Spain
- ↑ Spain lauded, Dutch castigated for 'brutal' World Cup final
- ↑ Resultados da Bota de Ouro
- ↑ O once ideal dos usuarios
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- República Sudafricana
- Copa do Mundo de Fútbol
- Fase final da Copa do Mundo de fútbol 2010
- Partido final da Copa do Mundo de fútbol 2010
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial da FIFA World Cup 2010
- Regulamento oficial da Copa do Mundo de Fútbol Sudáfrica 2010
|
||||||||||||||||||
|
|||||||
|
|||||||
