Muixeranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Muixeranga.

A muixeranga é o nome que recibe un conxunto de danzas e castelos humanos orixinarios do País Valenciano e que se preservan principalmente en Algemesí (Ribera Alta), mais tamén existen grupos en outras diversas comarcas valencianas.

Máis que unha danza propiamente dita é un conxunto de cadros plásticos con intencionalidade representativa, que participa nas procesións da nosa Señora da Saúde, a Festa Maior de Algemesí (7 e 8 de setembro).

A muixeranga é o nome que recibe en Algemesí, e que se diferenza dos modernos castellers no sentido de que na muixeranga o obxectivo é máis relixioso e faise unha danza, sen que a altura das torres humanas sexa crucial. Se a teoría de que os castells (os castelos humanos) e a muixeranga teñen unha orixe común: as moixiganges, os primeiros especializáronse nas torres humanas propiamente ditas e as segundas preserváronse fieis ao sentido relixioso e os cadros plásticos.

Orixe[editar | editar a fonte]

Monumento adicado á Muixeranga nas rúas de Algemesí.

A primeira cuestión a mencionar viría constituída polas opinións que hai con respecto ao nome. Por unha banda, hai opinións documentadas que en 1947 defendían a procedencia do nome, da palabra árabe 'mochain, con significado de enmascarado. Por outra, hai quen pensa que recibe o nome xenérico por ser a primeira danza que aparece abrindo marcha, en recordo dos antigos desfiles e procesións ou festas públicas moixigangues, con comparsas e xente disfrazada, que se celebraban por causa dalgún acontecemento remarcado. A verdade é que hoxe, por mor da falta de investigacións, non se pode tomar parte por ningunha hipótese.

As máis antigas crónicas escritas que a vinculan en Algemesí datan do primeiro terzo do século XVIII, pero do seu constante e firme presenza moi ben pode pensarse nunha orixe moito máis antiga. Se nos atemos a referencias de crónicas, a data de 1724, celebración das primeiras festas solemnes en honra da nosa Señora da Saúde, podería ser a máis antiga que a vincula á Festa; pero se temos en conta a constatación documental dos Libros de Contas da Vila, desde 1733 e desde entón, xa con cadencia anual ao liquidarlles o soldo aos dozaineiros que tocaban na Festa, é o máis exacto fito cronolóxico.

Difusión, evolución e extensión xeográfica[editar | editar a fonte]

A Nova Muixeranga d'Algemesí

Arraigada en tempos pretéritos en diversas comarcas valencianas, Algemesí (Ribera Alta ten a honra de habela conservado ininterrompidamente, e recibe a homenaxe de recoñecemento constante por parte dos compoñentes das Colles castelleres dalgunhas comarcas de Cataluña. Hai estudosos que cren na posibilidade que se estendese por algúns concretos puntos das comarcas do sur, en relación coa implantación do arroz ao Delta do Ebro, co nome antigo de Ball de Valencians (Baile de Valencianos), que está rexistrado que se utilizaba.

Aínda que os estudos máis recentes demostran que grupos executores de Muixeranga, coñecida fóra de Valencia como Baile de Valencianos, viaxaron para actuar en diversas poboacións da Península Ibérica. Na área Tarragona-Reus-Valls empezaron a imitar aos "Valencianos" a finais do XVII e foi nesta zona onde se produce a evolución que perdería os bailes e faría as torres máis altas converténdose en "Castells". De feito, os castelos humanos tamén se realizan no Bajo Aragón, e é posible que os destas terras, a muixeranga e os castellers cataláns dan apoio á teoría dunha orixe común ás moixigangues.

Sobre a presenza de muixerangues ao redor de todo o País Valenciano, fai falla citar Peníscola (Baix Maestrat), Titaigües (Serrans) e, segundo o máis recente descubrimento dos estudosos locais, tamén na Olleria, frecuentemente co nome de moixiganges. Tamén existen grupos na comarca da Safor, e en localidades como a Alcúdia (Ribera Alta), Forcall (Ports) ou Chiva (Foia de Bunyol) e recentemente está a recuperarse en Gandia e Sueca. As principais muixerangues actuais son:

  • Muixeranga d'Algemesí (1973)
  • Nova Muixeranga d'Algemesí (1997)
  • El ball dels locos de l'Olleria (La Vall d'Albaida) (1996)
  • Els Negrets de l'Alcúdia
  • Muixeranga de Sueca (2005)
  • Muixeranga de València
  • Muixeranga de l'Horta Sud (Silla)
  • La Muixeranga de la Safor
  • La Muixeranga de Pego (2008)
  • Conlloga-Muixeranga de Castelló
  • Muixeranga de Carlet
  • Jove Muixeranga de València (2014)
  • Muixeranga d'Alacant (2014)
  • Conlloga Muixeranga La Plana (2015)
  • Muixeranga La Torrentina (2015)

Características da muixeranga de Algemesí[editar | editar a fonte]

Trátase de catro melodías que acompañan á execución das "figuras" plásticas e torres humanas ou "pujades" (subidas): El Florete ou baile, l'Enterro (para a figura do "Enterro"), a Dansa plàstica (subidas e figuras) máis coñecida como "La Muixeranga", por antonomasia, e unha última recuperada en 2005 en colaboración de Xavier Richart e a Nueva Muixeranga denominada L'Aranya (xuntamente recuperada coa figura do mesmo nome (A Araña), parece que esta melodía sería usada para as figuras con movemento).

Na actualidade os membros son tanto homes como mulleres (antigamente só eran aceptados os homes), de todo tipo de profesións, de número irregular (na actualidade saen uns douscentos pero antigamente só uns trinta), dirixidos por un mestre, que se encarga da coordinación das montaxes do baile, torres, figuras e dos ensaios previos. Homes de forza e habilidade, en tempos pasados cargadores e obreiros de vila de profesión, decátannos dun certo carácter gremial como a aglutinante do grupo. A memoria colectiva ten por mítico os tempos no que Enric Cabrera foi mestre alá polos anos vinte. Igualmente é lembrado Llorca el barbero, entre os corenta e os setenta. Hoxe o abanico profesional dos seus compoñentes, é amplo en correspondencia cunha sociedade diversificada.

A indumentaria consta dunha blusa cinguida e recta, botonadura por diante, pantalóns longos, chapeu orelludo e alpargatas de sola delgada. A tea é basta e forte a tiras verticais vermellas e azuis sobre fondo de raias brancas con disposición arlequinada, exceptuado o traxe do mestre, que leva cada peza dunha soa cor.

Música e simboloxía[editar | editar a fonte]

A música acompáñase con música de tabalet e dozaina, cun son moi caraterístico, de autor desconegut. Algúns sectores do nacionalismo valenciano (como Joan Fuster entre outros) queren reivindicar a música da Muixeranga coma himno do País Valenciano e, incluso, coma himno dos Países Cataláns.

Xavi_Richart_-_Muixeranga_(low_quality).ogg Música da Muixeranga, interpretada por Xavier Richart.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Bertran, Jordi: El Ball de Valencians. De la dansa a les torres, Quaderns de la Festa Major, 12, Ajuntament de Tarragona, 1997.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]