Mudanza fonética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En fonética histórica, chámanse mudanzas fonéticas as modificacións que sofren os sons dunha lingua no decorrer da súa historia.

Rasmus Rask e Jacob Grimm foron uns dos primeiros en pór en envidencia que existían certa lóxica e regularidade nas mudanzas fonéticas. Jakob Grimm descrebeu en 1822 a primeira destas tendencias fonéticas (que levou despois o seu nome) ao estudar a mutación consonántica en xermánico. A súa intuición foi desenvolvida cincuenta anos máis tarde polos neogramáticos W. Scherer e Hermann Paul, que tentaron demostrar que as mudanzas obedecen a "leis" inmutábeis e explicaban as excepcións mediante a operación da analoxía e os empréstimos. Actualmente esas "leis" considéranse máis ben "tendencias".

Distínguese entre:

  • mudanzas fonéticas propiamente ditas: simples transformacións de hábitos de pronuncia dun fonema determinado que non teñen influencia na estrutura fonolóxica da lingua considerada, e
  • mudanzas fónicas ou fonolóxicas: alteracións que acarretan a modificación da estrutura fonemática da lingua pola desaparición e/ou aparición de fonemas.